
FUNDACIÓN · 5 XANEIRO 2025
OS DÉPORCAMPUS CABREIROÁ DE NADAL CONCLÚEN CON MÁIS DE 100 NENOS E NENAS NAS SEDES DE ALVEDRO, CLUB DEL MAR E PONTEDEUME
Coincidindo coas vacacións de Nadal no calendario escolar volveron un ano máis, os DéporCampus Cabreiroá, nos que puideron participar máis de dous centenares de nenos e nenas.Esta semana estiveron en marcha este tres sedes, con algo máis de 100 inscritos:A de Alvedro (foto principal da noticia) desenvolveuse a cuberto no campo de fútbol indoor das instalacións de PadelPlus.A do Club del Mar (foto ao pé destas letras) tivo lugar tamén baixo teito nas instalacións do Club del Mar de San Amaro na Coruña.

Finalmente o campo da Gándara albergou o Dépor Campus Cabreiroá de Nadal en Pontedeume (foto inferior), con outro éxito de participación.Nesta actividade da Fundación RC Deportivo puideron participar todos os nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos en horario de 10:00 a 14:00 horas. Todos os participantes recibiron un equipamento oficial dos DéporCampus Cabreiroá, ademais dos diferentes sorteos de agasallos, actividades sorpresa...Levaron a cabo diferentes actividades lúdicas todas elas relacionadas co fútbol baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo.Os obxectivos marcados foron os seguintes:-Aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo.-Aprender as habilidades e conceptos na relación co balón.-Traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica.-Competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos.-Transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Arrinca o segundo trimestre na Escola RC DeportivoA Fundación RC Deportivo non para posto que este mércores 8 de xaneiro arrinca o segundo trimestre da Escola RC Deportivo para 400 nenos e nenas repartidos nestas sedes: Alvedro, Outes, Colexio Jesuitinas, Colexio Internacional Eirís, Sada e Zas.As inscricións están abertas aínda para as últimas quendas con prazas. Máis información en escola.rcdeportivo.es.Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


O DéporCampus segue medrando: Macedonia tamén se tingue de br...

Realizado o sorteo de asignación de entradas visitantes para ...

O proxecto 'One Team, No Limits' comparte unha xornada de inc...

O Dépor comeza este xoves 20 de agosto a preparar a visita ao...

Prezo unificado para as afeccións visitantes nos partidos de ...

Última semana de pretemporada, con amigable en Portugal inclu...