
DÉPOR · 9 MARZO 2026
OS NOSOS, A "APRENDER DOS ERROS" XA DESDE ESTE LUNS 9 NO DÉPOR TRAINING CENTER E "A PENSAR NO AD CEUTA FC"
Os Nosos adestráronse este luns 9 de marzo no Dépor Training Center asumindo que, segundo declarou Altimira, "toca seguir traballando, aprender dos erros".O defensor branquiazul insiste en que "queda moito. E a pensar no AD Ceuta FC" este sábado 14 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) no Estadio Alfonso Murube.Os titulares ante o Granada CF tiveron unha xornada de recuperación física, cunha activación, ximnasio e fisioterapia.

Para os demais, incluído o fabrilista Bil, houbo ademais un xogo de posición, unha tarefa de finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.Sobre o dianteiro camerunés Antonio Hidalgo apuntou na rolda de prensa pospartido que "está a dar pasos cara a adiante. Os minutos que nos deu nesa última liña é unha das súas virtudes. Estou contento por ese rendemento".Yeremay está con traballo personalizado e David Mella está pendente avaliación médica das molestias que sufriu onte no seu xeonllo esquerdo que lle obrigaron a pedir o cambio.Este martes 10 de marzo hai xornada de descanso. Os Nosos volven aos adestramentos o mércores 11 de marzo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.


O Infantil e o San Tirso SD Infantil inician a División de Ho...

O Dépor ABANCA repite partido en ABANCA-RIAZOR o sábado 3 de ...

Semana grande de Andalucía en ABANCA-RIAZOR, co Sevilla FC o ...

Ximo Navarro: "Non miramos moito a clasificación. É moi cedo....

Antonio Hidalgo insiste en que "sumar é importantísimo"

Os Nosos adéstranse este luns 14 no Dépor Training Center nad...