RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos inciden esta mañá nas finalizacións para recibir a unha SD Huesca "difícil de atacar"

DÉPOR · 17 SETEMBRO 2025

OS NOSOS INCIDEN ESTA MAÑÁ NAS FINALIZACIÓNS PARA RECIBIR A UNHA SD HUESCA "DIFÍCIL DE ATACAR"

Esta mañá Antonio Hidalgo fixo especial fincapé nas finalizacións antes de pasar a un partido en espazos amplos no campo 2 e a un repaso ás accións a balón parado.Dani Barcia, en rolda de prensa, advirte que o partido deste venres 19 de setembro ás 20:30 en ABANCA-RIAZOR (TEN, GOL, TVG e LaLiga TV Hypermotion, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) ante a SD Huesca será "fodido como todos, que esta Liga Hypermotion é complicada e eles aínda máis. Esta categoría é complicada pero eles aínda máis".O central coruñés confesa que esta mañá, na sala de vídeo, "falounos o míster deles, que os coñece ben".Indica que "vai ser un equipo difícil de atacar sobre todo porque teñen moi bo bloque baixo. Temos que ter tranquilidade porque imos ter o noso momento".

Jose Ángel fai tarefas co grupo e Gragera segue con adestramento personalizado baixo a supervisión do readaptador Fernando Rodríguez.Samu, Damián Canedo e Kike Fernández foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este xoves 18 de setembro, Os Nosos realizarán a partir das 10:30 a última sesión de adestramento previa ao encontro ante a SD Huesca deste venres.