RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este venres 16 en ABANCA-RIAZOR ao Levante UD conscientes de que «hai que sumar, especialmente de 3 en 3, nunha categoría moi complicada»

DÉPOR · 15 OUTUBRO 2026

OS NOSOS, QUE ESTÁN «FACENDO AS COUSAS BEN», RECIBEN ESTE VENRES 16 EN ABANCA-RIAZOR AO LEVANTE UD CONSCIENTES DE QUE «HAI QUE SUMAR, ESPECIALMENTE DE 3 EN 3, NUNHA CATEGORÍA MOI COMPLICADA»

O Deportivo e o Levante UD abren este venres 16 de outubro ás 21:00 (Movistar LaLiga e Dazn en aberto) en ABANCA-RIAZOR a 9ª xornada de LaLiga EA Sports.«É unha semana un pouco máis curta, un día menos do normal, pero unha boa semana de traballo», afirmou Antonio Hidalgo, que lembra que «as sensacións son boas, iso quere dicir que estamos facendo cousas ben, pero hai que sumar, especialmente de 3 en 3, nunha categoría moi complicada. O nivel dos futbolistas e a calidade dos xogadores son moi determinantes».Ve necesario «estar moito máis precisos nalgunha fase do xogo».Os Nosos, tras a derrota do pasado domingo en Anoeta, chegan ao encontro con 10 puntos na 8ª posición.Son baixa para o partido Aubameyang, Eddahchouri e Marc Casadó por lesión; e Amatucci por sanción, tras a súa expulsión en San Sebastián case no tempo engadido.O técnico insiste en que «a Zaka (Eddahchouri) quédanlle semanas. Non vai ser dun día para outro. A recuperación de 'Auba' vai ben, estamos moi contentos. A de Marc (Casadó) ten o seu proceso».Ademais, respecto do cartón vermello que viu o mediocentro italiano e que lle impedirá entrar na convocatoria ante o Levante UD, o adestrador do Dépor advirte de que «temos que intentar estar con 11 xogadores no terreo de xogo o máximo tempo posible. Hai situacións incontrolables, como a do outro día de Ama, na que, co equipo envorcado, está facendo a función de central, Oyarzábal le moi ben a situación e provócalle máis o cartón vermello».Antonio Hidalgo repasa ademais as outras 2 expulsións que sufriu o Dépor no que vai de liga, as de Angeliño e Alti: «Temos que controlar esa dureza e esa reacción no caso de Alti. Temos que ter o máximo tempo posible 11 xogadores no campo», insiste.

mariosoriano1015.jpg

O Dépor realizou este xoves 15 de outubro a penúltima sesión de adestramento antes do partido, posto que este venres pola mañá haberá unha activación en ABANCA-RIAZOR.O corpo técnico dispuxo, tras unha activación con xogos, un exercicio táctico e unha última tarefa de finalizacións.Kevin Sánchez, Noé, Martín Ochoa e Yayo foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Pola súa banda, o Levante UD, que empatou o pasado luns ante o Sevilla FC (3-3), é 16º con 6 puntos; iso si, cun partido menos disputado, o suspendido polo temporal ante o Athletic Club.Lonxe do Ciutat de Valencia, os granotas esta temporada empataron co CA Osasuna (0-0) e o Málaga CF (0-0); e caeron ante o RCD Espanyol (3-0) e o Villarreal CF (3-1).O seu técnico, Luis Castro, confirmou as baixas de Sotelo, Primo e Etta; e salientou do Dépor o feito de "conseguir unha cousa que non é moi habitual en equipos que veñen de Segunda División, que é quedar con todos os xogadores do ano pasado. Os 14 xogadores que disputaron máis minutos quedaron todos. Dixéronlles que non a clubs que os querían mercar. E as fichaxes que fixeron. Entón é un equipo con moita calidade, cun adestrador que está con eles desde o ano pasado, polo que o equilibrio xa vén en boa medida do ano pasado".O adestrador portugués destaca a "mobilidade ofensiva moi grande" dos deportivistas, "con algúns xogadores importantes na súa saída de balón. Teñen movementos moi ben traballados. Entón temos que estar ao 100%, moi concentrados porque teñen momentos moi bos".Finalizado o encontro, Os Nosos adestran o sábado 17 de outubro ás 10:30 no Dépor Training Center.

  • bilycabellud1015.jpg
  • quagliata1015.jpg
  • german1015.jpg
  • deportivo1015.jpg
  • luismi1015.jpg