
DÉPOR · 9 XUÑO 2025
ÓSCAR GILSANZ DEIXA DE SER ADESTRADOR DO PRIMEIRO EQUIPO E VALORA UNHA NOVA ETAPA NO RC DEPORTIVO
Óscar Gilsanz non continuará como adestrador do primeiro equipo do RC Deportivo a próxima temporada. Após cinco anos de dedicación ao Club, ábrese a posibilidade de iniciar unha nova etapa profesional dentro da estrutura branquiazul.O RC Deportivo trasladoulle a proposta de asumir a coordinación da Escola de Adestradores e dos Proxectos Formativos Externos, un cargo deseñado para reforzar o desenvolvemento estratéxico de #ANOSACANTEIRA e aliñado coa súa traxectoria, compromiso e visión compartida de formación.Actualmente, Óscar Gilsanz está a valorar esta proposta, que recoñece a súa experiencia, coñecemento e sensibilidade pedagóxica como activos clave para consolidar a estrutura metodolóxica do Club. Desde este rol, contribuiría á formación de adestradores e ao fortalecemento do vínculo co tecido futbolístico da nosa contorna.O RC Deportivo desexa expresarlle publicamente o seu agradecemento e recoñecemento polo seu compromiso, profesionalidade e implicación durante estes anos, así como polo seu papel en momentos decisivos da historia recente do Club.

Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...