
DÉPOR · 25 XUÑO 2025
ÓSCAR GILSANZ PECHA A SÚA ETAPA NO RC DEPORTIVO
Óscar Gilsanz non continuará vinculado ao RC Deportivo a próxima temporada após rexeitar a proposta do Club para asumir unha nova responsabilidade como Coordinador da Escola de Adestradores e Proxectos Formativos Externos.O Club expuxera esta nova etapa profesional como unha forma de seguir contando co seu coñecemento, experiencia e compromiso dentro da estrutura do fútbol formativo. Con todo, Óscar decidiu iniciar unha nova etapa profesional fóra do club para continuar desenvolvendo a súa carreira como adestrador.Desde o RC Deportivo queremos agradecerlle profundamente a súa dedicación, profesionalidade e entrega durante todos estes anos. O seu traballo foi clave para o crecemento dos nosos equipos de canteira e para afrontar, en momentos decisivos, a responsabilidade do primeiro equipo.O RC Deportivo deséxalle a maior das sortes nos seus próximos desafíos profesionais e persoais. Esta sempre será a súa casa.

Celebrado o primeiro Foro Social do RC Deportivo; un espazo d...

A deportivista Marisa, citada para uns adestramentos coa sele...

O RC Deportivo e a Fundación RC Deportivo impulsan o seu proc...

Primeira sesión da semana do Dépor coa enerxía posta unicamen...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

O FC Barcelona, a SD Eibar e o SL Benfica serán os rivais do ...