RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Pierre-Emerick Aubameyang, novo xogador do Dépor

DÉPOR · 16 XULLO 2026

PIERRE-EMERICK AUBAMEYANG, NOVO XOGADOR DO DÉPOR

O RC Deportivo incorpora a Pierre-Emerick Aubameyang (Laval, Francia, 18 de xuño de 1989), que se converte en novo futbolista branquiazul tras asinar até xuño de 2028.O dianteiro chega procedente do Olympique de Marsella, onde a pasada temporada completou unha destacada campaña. Na Ligue 1 disputou 30 partidos, nos que anotou 10 goles e repartiu 6 asistencias. Ademais, participou en 2 encontros de Copa, cun gol; e en 8 partidos da Liga de Campións, competición na que asinou 3 tantos e 4 asistencias.Aubameyang aterra en ABANCA-RIAZOR despois de desenvolver unha brillante traxectoria nalgúns dos clubs máis importantes do fútbol europeo. Entre eles destaca a súa etapa no Borussia Dortmund, onde se consolidou como un dos dianteiros máis determinantes do continente grazas aos seus 141 goles en 213 partidos.Defendeu tamén a camiseta do Arsenal FC, co que disputou 163 encontros e marcou 92 goles; e pasou polo FC Barcelona, onde na temporada 2021-22 sumou 13 goles en 24 partidos.Ao longo da súa carreira tamén militou no Chelsea FC, AS Mónaco, LOSC Lille e AS Saint-Étienne, acumulando unha ampla experiencia nas principais ligas europeas.A súa traxectoria reflicte unha extraordinaria regularidade ao máximo nivel. Aubameyang suma 184 partidos e 68 goles na Ligue 1; 144 encontros e 98 tantos na Bundesliga; 143 partidos e 69 goles na Premier League; 18 encontros e 11 goles en LaLiga; ademais de 46 partidos e 20 goles na Liga de Campións; e 62 partidos con 34 goles na UEFA Europa League.Coa súa incorporación, o RC Deportivo engade ao seu cadro un dianteiro de recoñecido prestixio mundial, cuxa experiencia, capacidade goleadora e liderado reforzarán o proxecto blanquiazul de cara ás 2 próximas tempadas.