RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Primeiro día de Jose María Giménez e Marc Casadó nun Dépor consciente de que "conseguir o obxectivo da permanencia vainos custar a vida"

DÉPOR · 3 SETEMBRO 2026

PRIMEIRO DÍA DE JOSE MARÍA GIMÉNEZ E MARC CASADÓ NUN DÉPOR CONSCIENTE DE QUE "CONSEGUIR O OBXECTIVO DA PERMANENCIA VAINOS CUSTAR A VIDA"

As dúas novas incorporacións do Dépor, José María Giménez e Marc Casadó, adestráronse este xoves 3 de setembro por primeira vez ás ordes de Antonio Hidalgo.Ambos participaron con normalidade na sesión de traballo no campo 2 do complexo branquiazul.Fernando Soriano, Director de Fútbol do Club, asegurou que se intentou "coa maior ilusión crear un cadro de boas persoas, de xente que sume, que poida ilusionarse coa nosa xente, co Dépor".Ao mesmo tempo, lembrou que "estamos en Primera División, a mellor liga do mundo. Sabemos que conseguir o obxectivo da permanencia vainos custar a vida e necesitamos o esforzo de todos".Agora toca, segundo Soriano, "loitar para que todo encaixe da mellor maneira, que o míster teña as mellores opcións, que poida decidir ben".

eddahchouri0309.jpg

A xornada arrincou cunha activación tras a que o cadro se dividiu en 2 grupos: ensaio de balón parado para un e rondo para o outro.Un partido, ademais dunha tarefa de finalizacións unicamente para os atacantes, puxeron o punto e final ao traballo sobre o céspede.Neste grupo estivo Nsongo Bil (na foto ao pé destas liñas), que foi premiado pola Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) como mellor xogador do grupo 1º de Segunda Federación na temporada 2025-26, malia que unicamente estivo ás ordes de Manuel Pablo na primeira parte do campionato.O dianteiro camerunés anotou 12 goles, 3 deles de penalti, en 20 partidos.

bil.jpeg

Foto: AFEEste venres 4 de setembro Os Nosos adiantan o último adestramento previo ao encontro ante o Villarrel CF deste sábado 5 de setembro ás 21:00 (Movistar LaLiga) no Estadio de La Cerámica.

Así, o cadro de xogadores comezará a sesión ás 10:00 no Dépor Training Center en lugar de ás 10:30 horas, xa que pola tarde, a primeira hora, a expedición branquiazul porá rumbo a Castellón, cuartel xeral do Dépor.

  • villares0309.jpg
  • casado0309.jpg
  • quagliata0309.jpg
  • gimenez0309.jpg
  • ximonavarro0309.jpg