RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Punto e final a unha longa fin de semana de competición en ANOSACANTEIRA co Alevín A no Torneo Cantabria Infinita

CANTERA · 8 DECEMBRO 2025

PUNTO E FINAL A UNHA LONGA FIN DE SEMANA DE COMPETICIÓN EN ANOSACANTEIRA CO ALEVÍN A NO TORNEO CANTABRIA INFINITA

O Alevín A (na foto principal da noticia) puxo fin este luns en Torrelavega a unha longa fin de semana en ANOSACANTEIRA.Os branquiazuis participaron no Torneo Cantabria Infinita na localidade de Torrelavega.Despois de superar a fase de grupos e eliminar ao Atlético Perines en oitavos de final, os pupilos de Alberto Suárez caeron na quenda de penaltis dos cuartos de final co Santutxu FC. Ao final do tempo regulamentario chegouse con empate sen goles (0-0).Onte domingo 7 de decembro, no partido máis destacado da xornada, o Fabril empatou (0-0) no campo Arsenio Iglesias co Marino de Luanco.Reapareceron Mane e Noé, con minutos na segunda metade.Manuel Pablo viu "algo falto de claridade" ao seu equipo ante un rival que defendeu durante moitos minutos en bloque moi baixo.Este resultado deixou ao filial en 4ª posición con 25 puntos, após a Gimnástica Segoviana CF (28 puntos), CD Numancia de Soria (27) que será o seguinte rival e Oviedo Vetusta (26).Completou a xornada dominical o triunfo do Xuvenil B por 6-2 ante o CD Choco.Sen competición esta fin de semana os dous equipos cadetes e o San Tirso SD Infantil, o único partido oficial este sábado 6 foi a visita do Xuvenil A ao Real Racing Club en Santa Cruz de Bezana.Os branquiazuis golearon por 0-4 aos cántabros e suman 25 puntos na 3º posición da División de Honra após o Sporting de Gijón (28) e RC Celta (27).Foi titular Nico Balbas após o seu paso polo Mundial sub-17 con Honduras.O pasado venres, o Infantil impúxose por 2-0 ao RC Celta en #ONOSDERBI da División de Honra correspondente á 9ª xornada que foi aprazado no seu día.Con este resultado, os branquiazuis consolidan o liderado con 33 puntos por 27 os seus inmediatos perseguidores, RC Celta e ED Val Miñor Nigrán.Para este venres 5 tamén quedou o encontro do Fabril FC Benxamín, que superou (7-1) no Dépor Training Center ao Sporting Cambre.O Alevín A e os dous equipos benxamíns adiantaron os seus partidos ligueiros na Primera Futgal A Coruña debido á súa participacion a fin de semana nos torneos da SD Amorebieta, Cantabria Infinita en Torrelavega e Tucho de la Torre en Marín.O pasado xoves 4 de novembro o Alevín A venceu ao Betanzos CF (0-5) e o Benxamín A ao Atlético Arteixo (0-12).O partido entre o Fabril FC Alevín e a UD Carral, previsto tamén para o pasado xoves, foi suspendido até nova data por determinar.Pola súa banda, o Fabril FC Alevín foi o vencedor do Torneo Tucho de la Torre mentres que o Benxamín A acabou en 3ª posición. Neste trofeo, o Fabril FC Benxamín adxudicouse a Fase de Plata.Os resultados da longa fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación14ª xornada: FABRIL 0 - MARINO DE LUANCO 0Categoría xuvenilDivisión de Honra, 12ª xornada: REAL RACING CLUB 0 - XUVENIL A 4 (Nico Balbas, Lucas Castro, Trillo e Íker Gil)Liga Nacional, 14ª xornada: XUVENIL B 6 (Roi, Nico -2- e Elías -3-) - CD CHOCO 2Categoría infantilDivisión de Honra, 9ª xornada: INFANTIL 2 (Julen Díaz e Santi Durán) - RC CELTA 0Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 11ª xornada (xoves 4): BETANZOS CF 0 - ALEVÍN A 5 (Adrián Míguez -2-, Antón Fernández, Saúl Cancela e Álex Casado)Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - UD CARRAL, aprazadoXXI Amorebieta Etxano Cup en TxolonDomingo 7 de decembroPrimera FaseALEVÍN A 1 (Andrés Valencia) - SD AMOREBIETA 0ALEVÍN A 0 - ATHLETIC CLUB 2ALEVÍN A 1 (Saúl Cancela) - ATLÉTICO DE MADRID 0Cuartos de finalGIRONDINS DE BORDEAUX 2 - ALEVÍN A 2 (Jorge Víboras e Enzo Fernández). A penaltis: 2-3SemifinaisALEVÍN A 1 (Jorge Víboras) - ATHLETIC GIPUZKOA 1. A penaltis: 2-3Terceiro e cuarto postoALEVÍN A 0 - DEPORTIVO ALAVÉS 3X Torneo Cantabria InfinitaLuns 8 de decembroPrimera Fase, en TanosALEVÍN A 2 (Jorge Víboras e Alberto Novo) - SD SOLARES 0ALEVÍN A 0 - DONOSTIA AK 1ALEVÍN A 4 (Jorge Víboras, Diego Castelo, Alberto Novo e Saúl Cancela) - CD SANTURTZI 0Oitavos de finalALEVÍN A 4 (Saúl Cancela, Jorge Víboras, Alberto Novo e Adrián Míguez) - ATLÉTICO PERINES 0Cuartos de finalALEVÍN A 0 - SANTUTXU FC 0. A penaltis: 1-2Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)Primera FaseSábado 6 de decembroAD VILA DO CORPUS 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo Galbán, Nico Castro e Marco Dios)FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - FC PORTO 0VITÓRIA SC 1 - FABRIL FC ALEVÍN 0FABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - RACING DE FERROL 0Domingo 7 de decembroFABRIL FC ALEVÍN 3 - PABELLÓN OURENSE CF 0Cuartos de finalFABRIL FC ALEVÍN 3 (Gael Fernández, Nico Castro e Leo Galbán) - SPORTING CP 3. A penaltis: 4-3SemifinaisFABRIL FC ALEVÍN 0 - FC PORTO 0. A penaltis: 16-15FinalFABRIL FC ALEVÍN 1 (Brais Iglesias) - VITÓRIA SC 0Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 11ª xornada (xoves 4): ATLÉTICO ARTEIXO 0 - BENXAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -4-, Hugo Cancela -3-, Pablo Campanero -2-, Mateo Ramos -2- Fabio Álvarez e Ian Lata)Primera Futgal A Coruña, 11ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN 7 (Jaime Fraga -2-, Tomás Lorenzo, Milan Songo'o, Anxo Fernández, Álex Martínez e Diego Freire) - SPORTING CAMBRE 1Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)Primera FaseSábado 6 de decembroAD VILA DO CORPUS 0 - BENXAMÍN A 5 (Xosé Varela -2-, Mateo Ramos, Tomás Sánchez e Leo Díaz)BENXAMÍN A 1 (Xosé Varela) - FC PORTO 0VITÓRIA SC 0 - BENXAMÍN A 2 (Pablo Campanero -2-)BENXAMÍN A 4 (Pablo Campanero, Manu López, Tomás Sánchez e Hugo Rey) - SPORTING DE GIJÓN 2Domingo 7 de decembroBENXAMÍN A 5 (Hugo Cancela -2-, Ian Lata, Mateo Ramos e Xosé Varela) - PABELLÓN OURENSE CF 0Cuartos de finalBENXAMÍN A 3 (Pablo Campanero -2- e Tomás Sánchez) - SC BRAGA 2SemifinaisBENXAMÍN A 0 - REAL OVIEDO 1Terceiro e cuarto postoBENXAMÍN 2 (Tomás Sánchez e Manu López) - RC CELTA 1Torneo Internacional Tucho de la Torre, no campo municipal de San Pedro (Marín)Primera FaseSábado 6 de decembroFABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izán Mallón e Álex Martínez) - SC BRAGA 4EF VILA DE MARÍN 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Bruno Gómez)FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Izan Mallón e Jaime Fraga) - RC CELTA 3FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SPORTING CP 3Domingo 7 de decembroREAL OVIEDO 4 - FABRIL FC BENXAMÍN 0Fase de PlataSemifinalFABRIL FC BENXAMÍN 1 (Juan Crujeiras) - SPORTING DE GIJÓN 0FinalFABRIL FC BENXAMÍN 1 (Bruno Gómez) - AD VILA DO CORPUS 0