
DÉPOR ABANCA · 6 FEBREIRO 2025
RAQUEL GARCÍA E MARINA ARTERO FIXERON AS DELICIAS DE ANOSAFORZA EN MARINEDA CITY
As futbolistas do Dépor ABANCA Raquel García e Marina Artero visitaron Marineda City esta semana con motivo dun encontro con afeccionados e afeccionadas.As Nosas puxéronse a disposición de #ANOSAFORZA no corredor de deportes do centro comercial, na zona de videomarcador fronte á Déportienda. Os clientes de Marineda City puideron coñecer en primeira persoa á centrocampista e á defensa, fotografarse con elas e pedirlles autógrafos.Previamente ao encontro coa afección houbo un meet&greet das futbolistas coas nenas gañadoras do sorteo que puxo en marcha nas súas redes sociais o centro comercial.Neste acto, as 11 afortunadas charlaron coas xogadoras e preguntáronlles curiosidades sobre a súa carreira como deportistas profesionais, ademais de facerse fotos.Esta iniciativa, destinada a dar visibilidade ao fútbol feminino e contribuír ao fomento das vocacións, enmárcase na acción 'Marineda Experience x Dépor ABANCA', na que as 11 nenas gañadoras do sorteo, ademais de gozar do encontro coas xogadoras, asistirán a un adestramento para coñecer as dinámicas que desenvolve un equipo de Primera División, disporán de entradas para o que queda de temporada e terán unha camiseta asinada.O pasado 15 de decembro, Marineda City e o RC Deportivo uníronse con motivo do partido contra o Real Madrid CF. No trascurso do mesmo proxectouse nas pantallas de ABANCA-RIAZOR 'El otro marcador' para reflectir a realidade do fútbol feminino en datos.E ao comezo do encontro, 6 xogadoras saltaron ao campo con camisetas que lucían a cifra de mulleres e nenas federadas no fútbol feminino.


Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...