
FUNDACIÓN · 28 XULLO 2025
RECTA FINAL PARA OS DÉPORCAMPUS CABREIROÁ 2025 COA ÚLTIMA SEMANA ENTRE ABEGONDO, ZAS E CEDEIRA
O DéporCampus Cabreiroá 2025, a principal actividade social que chega da man da Fundación RC Deportivo, entra na súa recta final.Nesta sexta e última semana a actividade redúcese á sexta quenda de Abegondo, e ás sedes de Zas e Cedeira, cun total de 250 nenos e nenas.

A novidade deste ano consiste en que futbolistas do primeiro equipo deportivista tanto masculino como feminino xunto a canteiráns e canteirás son os encargados cada semana de repartir os diplomas, asinar autógrafos e fotografarse cos alumnos e alumnas.Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.Entre os obxectivos están aprender e desenvolver a coordinación a través de xogos coordinativos; aprender as habilidades e conceptos na relación co corpo; aprender as habilidades e conceptos na relación co balón; traballar os fundamentos técnico-tácticos cunha metodoloxía analítica; competir e gozar mediante partidos en diferentes espazos; e finalmente transmitir os valores que representa o Dépor: RESPECTO, SOLIDARIEDADE, AMIZADE, XOGO LIMPO, INTEGRACIÓN, ESFORZO E FELICIDADE.Toda a información atópase en deporcampus.rcdeportivo.es.


Resultados dos amigables deste mércores 19 de agosto en ANOSA...

O DéporCampus segue medrando: Macedonia tamén se tingue de br...

Realizado o sorteo de asignación de entradas visitantes para ...

O proxecto 'One Team, No Limits' comparte unha xornada de inc...

O Dépor comeza este xoves 20 de agosto a preparar a visita ao...

Prezo unificado para as afeccións visitantes nos partidos de ...