RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, hoxe domingo con triunfos do Xuvenil A e Fabril FC Benxamín

CANTERA · 9 NOVEMBRO 2025

RESULTADOS DA FIN DE SEMANA EN ANOSACANTEIRA, HOXE DOMINGO CON TRIUNFOS DO XUVENIL A E FABRIL FC BENXAMÍN

O derbi de veciños entre o Fabril e o Bergantiños CF, este domingo 9 de novembro no campo Arsenio Iglesias foi o partido da fin de semana en ANOSACANTEIRA.Non houbo goles nun partido que Manuel Pablo cualificou de "moi pechado".A boa noticia foi a reaparición de Manu Ferreiro, que xogou os seus primeiros minutos superada unha lesión muscular sufrida a final da temporada pasada.Completou a xornada o encontro entre o Xuvenil A (na foto principal da noticia) e o TSK Roces que caeu ao lado deportivista por 3-1.Con este resultado, o equipo que prepara Miguel Figueira suma 17 puntos, situado na 3ª posición da División de Honra, a 3 puntos do liderado.E en Os Regos (Oleiros) o Fabril FC Benxamín superou por 3-6 ao Santa Cruz CF.Antes, este sábado 8 de novembro disputáronse o resto de partidos.En casa o Xuvenil B goleou ao AJ Lérez (9-0) para seguir no ronsel do liderado.Como visitantes competiron o resto de equipos de ANOSACANTEIRA: o Infantil na Coruña ante o Ural Español CF (1-4), o San Tirso SD Infantil en Ourense ante o Pabellón CF (1-1), o Alevín A na Torre ante o Victoria CF (1-2), o Fabril FC Alevín en Carballo ante o ED Luis Calvo (0-4) e o Benxamín A na Torre ante o Victoria CF (1-8).O duelo entre o San Tirso SD Cadete e o Cadete na zona alta da División de Honra abriu o pasado xoves o calendario de partidos de ANOSACANTEIRA.O partido, xogado no Monte, foi para os branquiazuis por 0-1 cun tanto de Gabri aos 48 minutos de partido.Con este resultado, o Cadete lidera a táboa con 24 puntos.

Os resultados da fin de semana foron os seguintes:Segunda Federación10ª xornada: FABRIL 0 - BERGANTIÑOS CF 0Categoría xuvenilDivisión de Honra, 8ª xornada: XUVENIL A 3 (Lucas Castro, Lucas Regueiro e Álvaro) - TSK ROCES 1Liga Nacional, 10ª xornada: XUVENIL B 9 (Elías -2-, Gael -2-, Nico, Sabino, Roi, Joaquín e Yago Trigo) - AJ LÉREZ 0Categoría cadeteDivisión de Honra, 8ª xornada (xoves 6): SAN TIRSO SD CADETE 0 - CADETE 1 (Gabri)Categoría infantilDivisión de Honra, 8ª xornada: URAL ESPAÑOL CF 0 - INFANTIL 4 (Gael -2-, Álvaro Gómez e un futbolista rival en propia meta)División de Honra, 8ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF 1 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Yago)

Categoría alevínPrimera Futgal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF 1 - ALEVÍN A 2 (Adrián Liñares e Enzo Fernández)Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: ED LUÍS CALVO 0 - FABRIL FC ALEVÍN 4 (Leo Barro, Mateo Pastorín, Manu Parada e Martín Martelo)Categoría benxamínPrimera Futgal A Coruña, 7ª xornada: VICTORIA CF 1 - BENXAMÍN A 8 (Fabio Álvarez -2-, Tomás Sánchez -2-, Ian Lata, Hugo Cancela, Mateo Ramos e Hugo Rey)Primera Futgal A Coruña, 7ª xornada: SANTA CRUZ CF 3 - FABRIL FC BENXAMÍN 6 (Izan Mallón -2-, Tomás Lorenzo -2-, Jaime Fraga e Álex Martínez)