RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Samu Fernández estréase na selección española sub-19 para disputar este mes de decembro un torneo en Xapón

CANTERA · 9 DECEMBRO 2025

SAMU FERNÁNDEZ ESTRÉASE NA SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-19 PARA DISPUTAR ESTE MES DE DECEMBRO UN TORNEO EN XAPÓN

Samuel Fernández Leonardo 'Samu' (Narón, 17 de marzo de 2007) foi convocado por primeira vez pola selección española sub-19 para participar na SBS International Cup de Xapón.O central deportivista incorporarase á concentración do equipo nacional o luns 15 de decembro e por conseguinte será baixa tanto para o partido do Fabril ante o Real Ávila CF no campo Arsenio Iglesias como os do Dépor da próxima semana (en Copa del Rey en ABANCA-RIAZOR e en Andorra).O calendario de partidos de Samu é o seguinte:Xoves 18 de decembro16:00 (hora local, 8:00 hora galega): ESPAÑA - AUSTRALIA, no Fujieda Sports Park StadiumSábado 20 de decembro13:30 (5:30 hora galega): XAPÓN - ESPAÑA, no Fujieda Sports Park StadiumDomingo 21 de decembro13:30 (5:30 hora galega): SELECCIÓN SHIZUOKA - ESPAÑA, no Estadio de KusanaguiSamu debutou co primeiro equipo en partido oficial o pasado xoves 4 de decembro na Nova Creu Alta ante a CE Sabadell FC.O defensor naronés adéstrase diariamente ás ordes de Antonio Hidalgo e leva 8 partidos xogados co Fabril de Segunda Federación, todos eles de titular.Samu únese así a outros futbolistas de ANOSACANTEIRA convocados tamén por este combinado nacional, como Mella, Kevin Sánchez ou Dani Barcia.