
DÉPOR · 16 ABRIL 2026
SEGUNDA SESIÓN DO DÉPOR NUNHA SEMANA QUE PERMITE "IR RECUPERANDO A XENTE QUE LEVA MÁIS CARGA PARA QUE CHEGUE MELLOR A ESTE TRAMO FINAL"
O Dépor completou a segunda sesión de adestramento no Dépor Training Center nunha semana longa que o equipo leva, segundo apuntou Riki na sala de prensa, "con tranquilidade preparando o partido do luns sabendo que temos tempo suficiente para iso".O ter tantos días entre partido e partido (do domingo 12 de abril en Huesca ao luns 20 de abril en ABANCA-RIAZOR ante o CD Mirandés) permite, segundo o centrocampista asturiano, "ir recuperando a xente que leva máis carga para que chegue mellor a este tramo final".Unicamente David Mella estivo á marxe do grupo, con adestramento personalizado supervisado polo readaptador Fernando Rodríguez.

Após unha activación con rondos, o equipo realizou un xogo de posición no campo 2 e fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.Bil e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Este venres 17 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.


Espe Pizarro conclúe a Conmebol Liga de Naciones este martes ...

Inês Pereira visita este martes 9 de xuño Finlandia no torneo...

Paula Novo, talento do Dépor Training Center con futuro branq...

Adrià Altimira vestirá de branquiazul ata 2029

Resultados dun intenso fin de semana de torneos en ANOSACANTE...

A gran familia dos DéporCampus pasa por Bertamiráns por décim...