
DÉPOR FABRIL · 17 OUTUBRO 2026
SEGUNDO DERBI CONSECUTIVO PARA UN FABRIL QUE QUERE MANTER ESTE SÁBADO 17 ÁS 16:30 NO ANXO CARRO FRONTE AO CD LUGO O NIVEL AMOSADO ANTE O RACING DE FERROL
O Fabril afronta este sábado 17 de outubro ás 16:30 (TVG) o seu segundo derbi consecutivo en Primera Federación.Despois da derrota ante o Racing de Ferrol do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR, toca visitar o CD Lugo no Anxo Carro, nun encontro correspondente á 8ª xornada.O filial ocupa a 14ª posición da táboa con 8 puntos.Manuel Pablo advirte que "temos que medrar. Houbo unha gran diferenza entre o partido que fixemos en Logroño e o que fixemos contra o Racing de Ferrol. Temos que manter ese nivel; seguir aprendendo cousas de activacións, dos despistes que temos..." "Non podemos baixar o nivel nin confiarnos. Somos capaces de competir se estamos así", conclúe.O equipo blanquiazul recupera a Manu Ferreiro, "en dinámica e xa coa alta. Manu Serrano está aí, e podería entrar se o necesitásemos", afirmou o técnico fabrilista.Pola contra, seguen fóra Álex Marqués, Jairo, Dipanda e Damián Canedo, a quen "aínda lle falta, pero xa está entrando en dinámica".Iso si, o Fabril poderá contar cos canteiráns que sentaron no banco de ABANCA-RIAZOR co primeiro equipo ante o UD Levante e que non chegaron a saltar ao céspede: Kevin Sánchez, Noé, Martín Ochoa e Yayo.Manuel Pablo insiste en que "a nosa idea é a mesma tanto na casa como fóra, ante un rival ou outro", subliñou.Pola súa banda, o CD Lugo, que a pasada fin de semana venceu por 3-1 á UD Logroñés, é líder da categoría con 19 puntos despois de 6 partidos gañados e 1 empatado.No Anxo Carro esta temporada superou o CD Coria (1-0), o Racing de Ferrol (1-0) e a citada UD Logroñés (3-1).O ex deportivista Borja Fernández, técnico lucense, asegura que "a xente ten ganas de fútbol outra vez. Semellan responsabilizados e conscientes do que estamos facendo ben para estar onde estamos".Admite que o partido é "un pouco especial, pero non tanto, porque é máis especial polo lugar no que estamos nós".

Alberto Rodríguez pide ir a Eibar "coa máxima humildade pero ...

Michi Apóstol recibe por primeira vez o Premio Estrella Galic...

Os Nosos adestran este sábado 17 ás 10:30 no Dépor Training C...

O Dépor empata ante o Levante UD e laméntase porque un partid...

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...