
CANTERA · 29 OUTUBRO 2025
SEGUNDO PARTIDO DE ANTÓN VILARIÑO CON ESPAÑA SUB-15, ESTE XOVES ÁS 10:30 ANTE IRLANDA
-Foto:Antón Vilariño está concentrado coa selección española sub-15 para disputar dous partidos amigables ante Irlanda na localidade alacantina de Alfaz del Pi.A segunda cita entre ambas as seleccións será este xoves 30 de outubro no complexo Albir Garden a partir das 10:30 nun choque que poderá seguirse polas canles oficiais da Real Federación Española de Fútbol.No primeiro deles, o canteirán foi titular nun partido que acabou con goleada española (4-0). No minuto 70 foi relevado por Hugo Fernández.Este central zurdo, que chegou ao Fabril FC Benxamín procedente do Imperátor OAR, milita actualmente no San Tirso SD Cadete na División de Honra que marcha na 3ª praza após o Dépor e o RC Celta.O calendario de partidos de España sub-15, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Martes 28 de outubroESPAÑA 4 - IRLANDA 0Xoves 30 de outubro10:30: ESPAÑA - IRLANDA, no complexo Albir GardenFinalizado este encontro, o canteirán emprenderá viaxe de regreso á Coruña para incorporarse á selección galega sub-16 para disputar en Poio (Pontevedra) a primeira fase do Campionato de España.Antón Vilariño leva até a data os 7 partidos disputados como titular co San Tirso SD Cadete na División de Honra.

O Dépor ABANCA viaxa este venres 8 de maio por estrada a Bilb...

Fran Alonso: "Sentímonos con confianza, sentímonos ben, coas ...

Antonio Hidalgo: "Isto vai de estar vivos sempre, de estar vi...

Un Dépor "con confianza pola traxectoria que levamos" abre a ...

Antía Veiga enfróntase a Francia no segundo partido do campio...

Cita esta fin de semana para os equipos infantís de ANOSACANT...