RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Semana, penúltima de pretemporada, con Trofeo Emma Cuervo para o Dépor ABANCA

DÉPOR ABANCA · 19 AGOSTO 2025

SEMANA, PENÚLTIMA DE PRETEMPORADA, CON TROFEO EMMA CUERVO PARA O DÉPOR ABANCA

O Dépor ABANCA, con descanso este luns e martes, encara desde este mércores 20 de agosto a recta final da súa pretemporada con outra semana con cita grande.As Nosas dispútanse o Trofeo Emma Cuervo este sábado 23 de agosto ás 12:00 no Estadio Pepe Barrera de Ribadeo ante o CA Osasuna.As branquiazuis chegan ao choque despois de conquistar brillantemente o Trofeo Teide cunha goleada por 0-4 ante O Costa Adeje Tenerife, 6º clasificado na Liga F a temporada pasada.Fran Alonso disporá de 3 sesións de traballo para preparar o choque ante as navarras, con esta folla de ruta:Mércores 20 de agosto16:00 h.Xoves 21 de agosto10:30 h.Venres 22 de agosto10:30 h.Sábado 23 de agosto12:00: Deportivo ABANCA - CA Osasuna, no campo Pepe Barrera de Ribadeo