
DÉPOR · 31 AGOSTO 2026
SESIÓN POSPARTIDO NO DÉPOR TRAINING CENTER CUN AGARIMOSO HOMENAXE A DAVID MELLA DOS SEUS COMPAÑEIROS POLOS SEUS 100 PARTIDOS
O Dépor adestrouse este luns 31 de agosto no Dépor Trainig Center tras a vitoria ante o Valencia CF deste domingo 30 en ABANCA-RIAZOR, a primeira desta temporada en LaLiga EA Sports.Como é tradicional, Os Nosos pasaron uns minutos pola sala de vídeo.Finalizada a charla do corpo técnico, e antes de saltar ao céspede, o cadro de xogadores homenaxeou a David Mella, que cumpriu 100 partidos oficiais coa camiseta deportivista. Nin Oito quixo perder a foto de familia co canteirán, un dos futbolistas máis queridos no vestiario.Posaron con David Mella no campo Arsenio Iglesias, por suposto, os seus compañeiros, técnicos, fisioterapeutas, delegado, encargados de material... unha gran familia feliz tamén por estrear o marcador de vitorias en Primera División.Xa sobre o céspede, os titulares onte domingo en ABANCA-RIAZOR unicamente realizaron co grupo a activación, antes de pasar a tarefas de recuperación física.Neste grupo estivo Nsongo Bil, a quen se referiu en rolda de prensa Antonio Hidalgo a preguntas dos medios de comunicación: "Sabemos do seu potencial. É certo que non estivera ao seu nivel, especialmente na pretemporada. Hoxe (por onte) estivo a un gran nivel. Hai que apertalo, hai que esixirlle máis. Ten que seguir mellorando en diferentes situacións do xogo. Para iso estamos nós".Para os demais membros do cadro de xogadores, agás Charlie Patiño, que xa viaxaba a Alemaña para pechar a súa cesión ao VfL Bochum da Segunda División alemá ata xuño de 2027, o corpo técnico dispuxo un exercicio de posesión, unhas finalizacións e fútbol reducido, de alta intensidade.
Álvaro Mardones foi o representante de ANOSACANTEIRA.Este martes 1 de setembro será día de descanso para os futbolistas do primeiro equipo masculino.Os Nosos volven aos adestramentos o mércores 2 de setembro ás 10:30 no Dépor Training Center para comezar a preparar a seguinte cita ligueira, o sábado 5 de setembro ás 21:00 (Movistar LaLiga) no Estadio de La Cerámica ante o Villarreal CF.

O amigable do Infantil en Narón este martes 1 de setembro abr...

Charlie Patiño, cedido esta temporada ao VfL Bochum

Aubameyang cre que a vitoria ante o Valencia CF "é moi import...

Ferrán Seco apuntala a defensa do Fabril

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...

Antonio Hidalgo cre que o Dépor "fixo un partido moi interesa...