RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Sorrisos, ilusión e moito deportivismo para despedir a cuarta semana dos DéporCampus

FUNDACIÓN · 18 XULLO 2026

SORRISOS, ILUSIÓN E MOITO DEPORTIVISMO PARA DESPEDIR A CUARTA SEMANA DOS DÉPORCAMPUS

Os DéporCampus baixaron este venres o pano á súa 4ª semana de actividade cunha emotiva entrega de diplomas que puxo o broche a uns días cheos de fútbol, aprendizaxe e momentos inesquecibles para preto de 400 nenos e nenas participantes.O Dépor Training Center (na foto principal da nova), Bertamiráns, Boiro, Vilalba e Silleda foron, unha vez máis, o escenario dunha experiencia na que o balón foi o fío condutor para transmitir os valores que forman parte da identidade do RC Deportivo.Ao longo da semana, os participantes gozaron de adestramentos adaptados á súa idade, xogos, actividades e retos deseñados para seguir medrando tanto dentro como fóra do terreo de xogo. O compañeirismo, o respecto, o esforzo, a superación e o traballo en equipo volveron ser os verdadeiros protagonistas duns campus que van moito máis alá do fútbol.A cerimonia de clausura, coa entrega de diplomas, deixou imaxes cargadas de emoción, sorrisos e orgullo entre os mozos e mozas deportivistas, as súas familias e os monitores, poñendo o punto final a outra semana marcada pola convivencia e a paixón blanquiazul.En Abegondo os nenos e nenas, ademais, tiveron a oportunidade de compartir uns minutos cos seus ídolos como Loureiro, Amatucci, Mella, Bright Ede, Mario Soriano, Marisa, Lucía Pardo, Olaya, Eva Dios ou Paula Monteagudo.Semana tras semana, os DéporCampus seguen consolidándose como un espazo de encontro para centos de nenos e nenas que comparten unha mesma ilusión: vivir o deporte desde a diversión, facer novos amigos e sentirse parte da gran familia deportivista.Nos DéporCampus non só se aprende a xogar ao fútbol, tamén se aprende a compartir, a respectar e a medrar levando sempre moi preto os valores do RC Deportivo.

amatuccideporcampus0718.jpg

En acción a próxima semana o Dépor Training Center, Zas, Cuntis e o colexio Santa María del MarA 5ª semana, do 20 ao 24 de xullo, o campus chegará a Zas, Cuntis e o colexio Santa María del Mar; ademais do Dépor Training Center.Finalmente, na 6ª semana, do 27 ao 31 de xullo, as actividades desenvolveranse en Cedeira, Marín e na cidade deportiva blanquiazul.As novidades nas sedes do Dépor Training Center, en funcionamento as 6 semanas, e o Colexio Santa María del Mar este ano 2026 é que contan con servizo de madrugadores.

evadiosdeporcampus0718.jpg

Últimas horas para apuntarse en Cedeira e MarínEste martes 21 de xullo ás 14:00 conclúe o prazo para apuntarse en Cedeira e en Marín.Toda a información sobre cada sede, cada quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase premendo aquí, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto, que tamén se pode establecer a través de [email protected].

  • loureirodeporcampus0718.jpg
  • montideporcampus0718.jpg
  • melladeporcampus0718.jpg
  • olayadeporcampus0718.jpg
  • marisadeporcampus0718.jpg
  • mariosorianodeporcampus0717.jpg
  • luciapardodeporcampus0718.jpg
  • brightededeporcampus0717.jpg