
DÉPOR · 19 XULLO 2026
DIEGO VILLARES VE AS INCORPORACIÓNS "CON RITMO, CON CALIDADE. É XENTE NOVA QUE VÉN PARA AXUDARNOS"
Diego Villares subliñou na sala de prensa do Estadio Vero Boquete que, tras as vacacións, "sempre custa volver empezar pero son importantes os partidos que xogamos na pretemporada para ir collendo ritmo, para volver competir".O capitán deportivista viu os debutantes "con ritmo, con calidade. É xente nova que vén axudarnos, achegar o seu gran de area".Preguntado por Antonio Hidalgo afirma que "volveu igual, ao dedillo, ao milímetro. E iso é bo para todos, que nos meta caña desde o principio, vainos levar ao límite. Estamos contentos de volver estar xuntos".Precisamente de Aubameyang, que presenciou o amigable ante a SD Compostela desde o palco do estadio santiagués, e do resto de incorporacións opina que "son xente importante que nos vai axudar moito". "De sobra é coñecida a súa traxectoria, en equipos top do fútbol mundial. É unha fichaxe que a todos vos ilusiona tanto ao cadro como á xente. Sabemos do que é capaz", apuntou sobre o novo dianteiro deportivista.Finalmente, Diego Villares asegura que "a unión que tivemos estes anos atrás é a que nos levou a estar onde estamos hoxe. O Dépor somos todos e esa unión ten que volver e darnos para cumprir os obxectivos".

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...

A expedición da RC Deportivo Fundación foi recibida por Ana P...

O San Tirso SD Cadete non logrou puntuar na liga ante o RC Ce...

Segundo partido e segundo triunfo da canteirá deportivista An...

Balón parado e finalizacións, tarefas principais de Os Nosos ...

Parte médico de Espe Pizarro