RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Traballo táctico baixo unha persistente choiva para "ir minimizando eses erros e ir vendo unha mellor versión do equipo"

DÉPOR · 5 MARZO 2026

TRABALLO TÁCTICO BAIXO UNHA PERSISTENTE CHOIVA PARA "IR MINIMIZANDO ESES ERROS E IR VENDO UNHA MELLOR VERSIÓN DO EQUIPO"

Unha choiva persistente acompañou este xoves 5 de marzo ao adestramento do Dépor no Dépor Training Center.Adrià Altimira asegurou en rolda de prensa que "traballamos día a día para tentar facelo o mellor posible. Cada partido hai cousas que puír, que podemos ser mellores. Hai outras cousas que estamos a facer moi ben".O lateral deportivista insiste en "mellorar eses pequenos detalles" aínda que lembra que "imos sumando de 3 e aos poucos iranse minimizando eses erros e irase vendo unha mellor versión do equipo".O corpo técnico dispuxo, após unha activación, un xogo de posición, unha tarefa táctica e un partido en espazos amplos xa coa mente posta na visita do Granada CF a ABANCA-RIAZOR deste domingo 8 de marzo ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).

Yeremay foi o único futbolista á marxe do grupo.Altimira apuntou sobre o canteirán que "está a traballar para mellorar. Estamos a desexar que estea connosco. Esperemos que canto antes poida estar dispoñible. Así o será".Noé, Bil e Mane foron os representantes de ANOSACANTEIRA ás ordes de Antonio Hidalgo.Este venres 6 de marzo o Dépor adestrarase de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.