
DÉPOR · 25 NOVEMBRO 2025
TRES SESIÓNS NO DÉPOR TRAINING CENTER PREVIAS AO ENCONTRO EN ALBACETE PARA UN DÉPOR "CON ILUSIÓN"
O Dépor, este martes 25 de novembro con traballo complementario orientado a futbolistas 'tocados' ou con tarefas específicas, comeza o mércores 26 de novembro unha nova semana de traballo con final en Albacete o sábado 29 de novembro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion, GOL, TEN e TVG).Os resultados da última xornada, co triunfo en ABANCA-RIAZOR ante o AD Ceuta FC, deixaron a Os Nosos á fronte da táboa con 29 puntos, os mesmos que o Real Racing Club (2º) e a UD Las Palmas (3º).Antonio Hidalgo disporá de 3 sesións de traballo matinais no Dépor Training Center.O último adestramento antes do partido, o do venres 28, adiántase ás 9:30 porque nada máis concluír, o Deportivo partirá de viaxe a Albacete, vía Madrid.Arnau Comas, na zona mixta de ABANCA-RIAZOR o pasado domingo, insistiu en ir "partido a partido, que isto é moi longo".O central asegura que o grupo está "con ilusión. Vémonos aí arriba e somos ambiciosos. Queremos estar o máis arriba posible pero partido a partido. Seguro que vai haber moitas xeiras. Hai outros equipos que tamén están a facer as cousas moi ben. Espero a final de temporada facer un bo balance final".Pola súa banda, o técnico deportivista mostrouse na rolda de prensa pospartido "contento coa xente que participa (desde o banco), coa que pode estar a esperar a súa oportunidade" e reitera sobre os problemas físicos dos seus futbolistas que "o fútbol é así, hai que levalo como vén; e esperar que se poidan recuperar canto antes".A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:Mércores 26 de novembro10:30 h.Xoves 27 de novembro10:30 h.Venres 28 de novembro9:30 h.Sábado 29 de novembro18:30: Albacete Balompié - Deportivo, no Estadio Carlos Belmonte


Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...

Os despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor ab...