
DÉPOR ABANCA B · 8 AGOSTO 2026
TRIUNFO DO DÉPOR ABANCA B ANTE O REAL OVIEDO NO PRIMEIRO AMIGABLE DA PRETEMPORADA DO FILIAL
O Dépor ABANCA B disputou este sábado 8 de agosto o seu primeiro compromiso de preparación do verán.O conxunto dirixido por Aitor impúxose por 0-1 ao Real Oviedo de Segunda Federación no campo de Barcia, na localidade asturiana de Luarca, nun encontro que supuxo o primeiro test competitivo da pretemporada para o filial branquiazul.Decidiu o encontro un tanto de Sara Barreda.Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Vázquez (Carmen Carballada, min. 30), Noe Mayo (Sara Barreda, min. 46), Mariño (Laura Tubío, min. 46), Yanís (Jenny Corros, min. 46), Sara Prego (Aitana Vellón, min. 61), Cercido (Aitana Ruda, min. 46), Adelaida (Valbuena, min. 46), Claudia Sande (Daniela Macedo, min. 46 e Marta Rico, min. 80), Laura Otero (Azucena, min. 61) e Laura Ruiz (Karla, min. 30).Tras iniciar os adestramentos a pasada semana, o equipo continúa dando forma a un cadro que presenta importantes novidades de cara ao novo curso.Así, hoxe debutaron futbolistas como Sara Prego ou Aitana Ruda, que disputaron os seus primeiros minutos coa camiseta branquiazul.A próxima cita para o filial deportivista será este martes 11 de agosto ás 20:45 no Dépor Training Center ante o Victoria CF, tamén de Segunda Federación.

Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretempo...

O Dépor faise co Trofeo Spagnolo ao derrotar o Genoa CFC no E...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este sábado 8 d...

Comunicado Oficial do RC Deportivo

Parte médico de Jairo Noriega

Millene advirte que "necesitamos tempo, necesitamos partidos"