RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Regreso de madrugada á Coruña para o broche final da pretemporada o mércores 12 en ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid CF

DÉPOR · 8 AGOSTO 2026

REGRESO DE MADRUGADA Á CORUÑA PARA O BROCHE FINAL DA PRETEMPORADA O MÉRCORES 12 EN ABANCA-RIAZOR ANTE O REAL MADRID CF

Finalizado o encontro no Stadio Luigi Ferraris de Genova co que concluíu a xira por Alemaña e Italia, Os Nosos emprenden viaxe de regreso a A Coruña nun voo chárter que ten previsto aterrar en Galicia pasadas as 3:00 horas do domingo 9 de agosto.O equipo visitou 3 cidades (Hamburgo, Florencia e Génova) e ademais recibiu a incorporación de Angeliño, cuxas primeiras horas no Dépor, no Centro Técnico da Federación Italiana, podes ver ao pé destas liñas.

Despois de 7 días concentrados, Antonio Hidalgo concedeu descanso ao seu cadro este domingo 9 e o luns 10.O equipo volve aos adestramentos no Dépor Training Center este martes 11 de agosto ás 10:30 para poñer o broche de ouro á pretemporada, co partido do mércores 12 ás 21:00 horas (Youtube RC Deportivo) en ABANCA-RIAZOR ante o Real Madrid CF co Trofeo Teresa Herrera en xogo.O calendario completo de partidos, cos resultados dos xa disputados, é o seguinte:SD Compostela 0 - Deportivo 4 (Gijselhart, Eddahchouri -2- e Kevin Sánchez)Real Oviedo 0 - Deportivo 0Deportivo 1 (Aubameyang) - CD Lugo 0FC St Pauli 2 - Deportivo 2 (Bright Ede e Eddahchouri)ACF Fiorentina 1 - Deportivo 1 (Bil)Genoa CFC 0 - Deportivo 1 (Kevin)Deportivo - Real Madrid CF, o mércores 12 de agosto ás 21:00 horas en ABANCA-RIAZOR (Trofeo Teresa Herrera)