
DÉPOR · 8 AGOSTO 2026
COMUNICADO OFICIAL DO RC DEPORTIVO
Ante as informacións difundidas nas últimas horas sobre os incidentes ocorridos en Xénova, nos que se verían involucrado un grupo de individuos desprazados á cidade con motivo do encontro disputado polo RC Deportivo, o Club quere manifestar a súa condena firme e absoluta de calquera acto de violencia, intimidación ou alteración da orde pública.Este tipo de comportamentos non representan os valores do RC Deportivo nin do deportivismo, e resultan contrarios aos principios de respecto, convivencia e responsabilidade que esta institución defende dentro e fóra dos estadios.O Club está a recabar información sobre o sucedido e permanecerá en contacto coas autoridades e organismos competentes para colaborar en todo aquilo que poida contribuír ao esclarecemento dos feitos.No caso de confirmarse a participación de persoas vinculadas á contorna do RC Deportivo, o Club valorará, no marco da legalidade e das súas competencias, a adopción das medidas que correspondan.O RC Deportivo reitera o seu compromiso cun fútbol baseado no respecto e na convivencia, e traslada que calquera manifestación de violencia é incompatible cos valores desta institución.

Marisa García e Ainoa Gómez xóganse este mércores 23 ante Ita...

O RCD Espanyol, no horizonte dunha nova semana de competición...

A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer ...

Primeira semana de parón ligueiro para Os Nosos, con "marxe d...

O Dépor xogará no Estadio Metropolitano ante o Atlético de Ma...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...