
DÉPOR · 7 FEBREIRO 2025
UN DÉPOR "CON BO RITMO, CON BO NIVEL DE TRABALLO" CENTROUSE ESTA MAÑÁ NOS REMATES A PORTERÍA
O Dépor centrouse esta mañá nas finalizacións no campo 3 da Cidade Deportiva despois dunha activación con rondos.Óscar Gilsanz subliñou en rolda de prensa que o equipo, "un grupo moi comprometido no traballo colectivo", mantén "un bo ritmo, un bo nivel de traballo no día a día".O técnico deportivista confirma que "no adestramento pido que todo o mundo traballe ben, que tente sumar. Esa é unha fortaleza que estamos a ter, o día a día cun cadro amplo. Iso vai aumentar a competitividade".Confirmou as baixas de Escudero e Mfulu para o choque ante a UD Almería previsto para este domingo 9 de febreiro ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion), ambos con adestramento personalizado ademais hoxe de Germán Parreño.Explica que o mediocentro "está en proceso de readaptación e esperemos incorporalo para a semana".Alberto foi o representante de #ANOSACANTEIRA.Mañá sábado, Os Nosos realizarán a partir das 11:00 a última sesión de adestramento previa ao choque ante os almerienses.


Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Vitoria "brutal" do Dépor ante un Villarreal CF "de Champions...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...