
DÉPOR · 6 FEBREIRO 2025
UN DÉPOR "CUN AMBIENTE MOI POSITIVO DE TRABALLO" PREPARA CUN PARTIDO EN ESPAZOS AMPLOS A VISITA DA UD ALMERÍA
Un partido en espazos amplos no campo 3 foi a tarefa principal do Dépor esta mañá de cara á visita da UD Almería prevista para este domingo 9 de marzo ás 18:30 en ABANCA-RIAZOR (LaLiga TV Hypermotion).En rolda de prensa esta mesma mañá Denis Genreau asegura que "nos adestramentos noto sensacións moi positivas. Hai un ambiente moi positivo de traballo".A mañá arrincou no céspede cunha activación con rondos e un exercicio táctico en dous grupos.Están con adestramento personalizado Mfulu, Escudero e Germán Parreño.Así mesmo, Kevin Sánchez, Alberto e Hugo Ríos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Mañá venres, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 horas.


Fernando Soriano advirte que "non imos precipitarnos en ningú...

O RC Deportivo habilita unha opción online para a renovación...

Primeiro día de Jonathan Asp Jensen no Dépor, con dobre sesió...

Teun Gijselhart, na súa presentación, fala do Dépor como "un ...

Os dous primeiros partidos do Dépor en LaLiga EA Sports, ante...

O RC Deportivo presenta a súa segunda equipación para a tempo...