
DÉPOR FABRIL · 6 SETEMBRO 2025
UN FABRIL QUE "QUERE SER COMPETITIVO ANTE CALQUERA RIVAL" ARRINCA A SEGUNDA FEDERACIÓN ESTE DOMINGO ÁS 12:00 ANTE O BURGOS CF PROMESAS
O Fabril inicia a liga en Segunda Federación este domingo 7 de setembro ás 12:00 ante o Burgos CF Promesas, recentemente ascendido, no campo principal de Abegondo.No seu último test de pretemporada, o pasado sábado 30 de agosto, o conxunto de Manuel Pablo derrotou por 1-0 ao Bergantiños CF de Segunda Federación.Anteriormente, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).A pretemporada do filial completouna un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).Manuel Pablo cre que foi un "bo" verán, "encima conservamos a todos os xogadores no que a lesións se refire. Estou moi contento por esta parte porque outras veces chegas con menos xente a este inicio".A nivel competitivo móstrase satisfeito porque "os xogadores collesen a idea. Fomos competitivos sempre. Ás veces faltounos algo pero o grupo sabe ben o que queremos e recoñece as situacións".O técnico fabrilista pide "ser competitivos ante calquera rival".No Fabril, coa fichaxe de Pablo Cortés, o peche de mercado deixou as cesións de Carreira ao Atlético Coruña Montañeros CF; e de Hugo Villaverde e Pablo Parada á SD Sarriana de Segunda Federación.Para o choque é baixa Manu Ferreiro, en proceso de recuperación.Manuel Pablo poderá contar con Samu, Mane e Kike Fernández que este sábado estiveron convocados polo primeiro equipo para o seu partido ante o Sporting de Gijón.O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva de Abegondo para o partido.Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a bancada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición das localidades nun proceso 100 % telemático.Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Resultados dos amigables da semana en ANOSACANTEIRA; este dom...

O Dépor ABANCA B, subcampión do Torneo Unindo Camiños nun gra...

Antonio Hidalgo lembra que "os principios sempre son importan...

Primeira saída en LaLiga EA Sports para Os Nosos, que "imos i...

Resultados deste sábado 22 en ANOSACANTEIRA; e calendario des...

O Dépor ABANCA B clasificouse para a semifinal do Torneo Unin...