RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Un grupo de adestradores de Polonia coñecen desde dentro o RC Deportivo grazas á RC Deportivo Fundación e ao programa Erasmus +

FUNDACIÓN · 15 DECEMBRO 2025

UN GRUPO DE ADESTRADORES DE POLONIA COÑECEN DESDE DENTRO O RC DEPORTIVO GRAZAS Á RC DEPORTIVO FUNDACIÓN E AO PROGRAMA ERASMUS +

Un grupo de adestradores procedentes de Polonia realizou recentemente unha visita ás instalacións do RC Deportivo co obxectivo de coñecer de primeira man a metodoloxía de traballo do club branquiazul grázas á RC Deportivo Fundación e ao programa Eramus +.Os técnicos puideron observar distintas sesións de adestramento dos equipos de ANOSACANTEIRA no Dépor Training Center, intercambiar impresións cos profesionais do Club e profundar en aspectos crave como a formación de xogadores, a planificación deportiva e a estrutura da canteira.A visita enmárcase dentro dun programa de intercambio e aprendizaxe, orientado a compartir experiencias e boas prácticas no desenvolvemento do fútbol formativo e profesional.Ademais do Dépor Training Center, os profesionais procedentes de Polonia visitaron o estadio ABANCA-RIAZOR e puideron seguir o partido de liga do Dépor ante a Real Sociedad B.Desde o RC Deportivo valorouse moi positivamente este tipo de encontros, que reforzan a proxección internacional do club e fomentan o intercambio de coñecemento entre profesionais do fútbol europeo.