
DÉPOR · 5 SETEMBRO 2026
VITORIA "BRUTAL" DO DÉPOR ANTE UN VILLARREAL CF "DE CHAMPIONS" EN LA CERÁMICA, "UN CAMPO COMPLICADÍSIMO"
Un equipo que arranca este martes 8 en Dortmund a 'Champions League', o Villarreal CF, cruzouse este sábado 5 de setembro no camiño do Dépor no Estadio de La Cerámica.Venceron os deportivistas por 2-3 tras unha frenética segunda metade.Con este resultado, Os Nosos suman 8 puntos e dormen na 4ª posición de LaLiga EA Sports.«Estamos de volta despois de 8 anos e competindo, que é o importante, sabendo a dificultade que ten», apuntou Antonio Hidalgo na sala de prensa.A única ausencia foi a de Altimira, sancionado cun partido polo dobre cartón amarelo que viu no tempo engadido do encontro da pasada fin de semana ante o Valencia CF.Ademais, as últimas horas do peche de mercado deixaron no Dépor as cesións de Giménez e de Marc Casadó por parte do Atlético de Madrid e do FC Barcelona, respectivamente.O defensa uruguaio foi titular, mentres que Marc Casadó debutou ao longo da segunda metade.Precisamente, a entrada de Giménez por Bright Ede foi o único cambio con respecto ao choque do pasado domingo ante o Valencia CF en ABANCA-RIAZOR.Pola súa banda, para o Villarreal CF era o seu primeiro partido na casa despois das 3 primeiras xornadas lonxe de La Cerámica, saldadas con 2 empates e 1 derrota.Tal e como advertira o adestrador do Dépor, os levantinos saíron cunha presión alta, moi agresiva.A pesar de non crear demasiado perigo, Pepe adiantou os castellonenses aos 19 minutos. Recibiu un balón ás costas da defensa e bateu a Leo Román, que quedara a media saída.Por primeira vez no que vai de liga, Os Nosos poñíanse por detrás no marcador.Freeman, no 23, probou fortuna cun disparo raso, ás mans de Leo Román.«A partir do seu gol estivemos moito mellor, con moito máis balón, con moita máis presenza», subliñou o técnico deportivista.Primeiro, un gran pase de Giménez a Aubameyang que o pichichi deportivista, só ante o porteiro Júnior, enviou fóra por pouco.De novo Aubameyang, esta vez a centro de Quagliata, non acertou co remate na área pequena.E no 24, Bil abriu un oco entre os defensas do Villarreal CF e chutou desde fóra da área, tamén lixeiramente desviado.Na recta final da primeira metade, Leo Román fixo unha espectacular parada a un disparo de Moleiro; e na outra área Renato Veiga cruzouse providencialmente nun remate á media volta de Aubameyang.O Villarreal CF baixou o ritmo e o Dépor aproveitouno para empatar.Giménez conectou con Aubameyang, este asistiu a Luismi e o atacante colocou o balón lonxe do alcance de Júnior R. Corría o minuto 44.Co 1-1 chegouse ao final da primeira metade.

Tras o paso polos vestiarios, a primeira gran ocasión do segundo tempo foi para Moleiro, que no minuto 48 bateu co corpo de Leo Román.Arrincou a segunda metade como o fixera o partido, con presión alta do Villarreal CF.Antonio Hidalgo comeza a mover o banco: Yeremay substitúe a Riki.Aos 55 minutos, Pepe manda fóra un balón franco na frontal da área, desta volta con todo ao seu favor.No minuto 61, o colexiado do encontro, Jesús Gil, anula un tanto a Gueye, que recollera un rexeitamento tras o saque dunha falta, por apreciar unha falta previa sobre Ximo Navarro.Apertaba o Villarreal CF na procura da súa primeira vitoria na liga.Tocaba sufrir para frear as acometidas amarelas.Hidalgo refresca o equipo con Casadó, Adama e Loureiro por Mario Soriano, Bil e Giménez."É certo que, sen pasar excesivos apuros, metémonos demasiado atrás. E aí foi onde chegou o seu gol", admitiu o adestrador deportivista.Este tanto chegou no minuto 76 en propia meta de Adama, que, no seu intento de ceder de cabeza a Leo Román, introduciu o balón na portería deportivista.O Dépor saca toda a artillaría con Eddahchouri, que igualou o encontro apenas 3 minutos despois de saltar ao céspede. O neerlandés recolle un balón tras un gran pase ao espazo de Aubameyang e, malia estar escorado, supera a Júnior R. polo pau curto.Táboas de novo no marcador nun partido roto que podía caer para calquera dos dous lados."Estivemos sempre no partido e fomos quen de darlle a volta. A xente que saíu do banco deunos ese plus", apuntou.E nun erro defensivo local, Aubameyang encara a Júnior R. e supérao no man a man, subindo o 2-3 definitivo ao marcador e desatando a loucura na bancada, en A Coruña e, por suposto, no banco.Antonio Hidalgo cualifica a vitoria como "brutal nun campo complicadísimo ante un rival de Champions que che pon as cousas moi difíciles. Hai que darlle valor á vitoria".Villarreal CF: Júnior R., Costa (Akhomach, min. 83), Freeman, Gerard (Oluwaseyi, min. 77), Moleiro (Buchanan, min. 62), Renato Veiga, Gueye (Santi Comesaña, min. 62), Pepe, Ayoze (Mikautadze, min. 62), Cardona e SalibaDeportivo: Leo Román, Ximo Navarro, Lucas Noubi, Giménez (Loureiro, min. 66), Quagliata, Amatucci, Mario Soriano (Casadó, min. 66), Riki (Yeremay, min. 54) Luismi (Eddahchouri, min. 76), Bil (Adama, min. 66) e AubameyangÁrbitro: Jesús Gil, do comité estremeño. Amoestou a Santi Comesaña (min. 81), Buchanan (min. 87), Amatucci (min. 90) e Yeremay (min. 93)Goles: 1-0 Pepe (min. 19); 1-1 Luismi (min. 43); 2-1 Adama, en propia meta (min. 76); 2-2 Eddahchouri (min. 79); 2-3 Aubameyang (min. 87)Incidencias: partido disputado no Estadio de La Cerámica coa presenza de 500 deportivistas nas bancadas


Os Nosos aterran este domingo 6 de setembro ás 11:30 no Aerop...

Resultados deste sábado 5 en ANOSACANTEIRA, con goleada do Xu...

O Dépor ABANCA B arranca a liga en Segunda Federación coa vis...

El Fabril estréase este domingo 6 ás 12:00 ante o CP Cacereño...

O Dépor ABANCA visita este domingo 6 ás 12:45 ao UD Costa Ade...

Resultados deste venres 4 dos alevíns e benxamíns en Narón, a...