
CANTERA · 28 ABRIL 2026
VITORIAS DO ALEVÍN A E BENXAMÍN A ESTE MARTES 28 DE ABRIL E CALENDARIO DA SEMANA EN ANOSACANTEIRA, CON CITA ESTE XOVES 30 PARA O ALEVÍN DE FÚTBOL 11 E O FABRIL FC ALEVÍN
O Alevín A (na foto principal da noticia) e o Benjamín A (na foto inferior) remataron este martes 28 de abril no Dépor Training Center a liga na Primeira Futgal A Coruña.Os primeiros superaron ao SD Acea de Ama (9-0) mentres que os benxamíns ao Sada CF (12-0).Ambos conxuntos son xa campións das súas respectivas categorías.O Alevín A sumou 85 puntos, con 30 partidos gañados, 1 empatado e 1 perdido. Os blanquiazules anotaron 202 goles e recibiron unicamente 7.Pola súa banda, o Benjamín A rematou con 30 vitorias en 30 partidos; e con 287 goles a favor por 14 en contra.A xornada continuará este xoves 30 de abril con outros 2 partidos.O Alevín recibe ás 19:15 no Dépor Training Center no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11 ao SRD Portuarios.E en Cambre o Fabril FC Alevín enfróntase ás 18:30 ao Sporting no último partido da Primeira Futgal A Coruña para os fabrilistas.Xa o venres 1 de maio, día festivo, o Fabril FC Benjamín participará na 2ª edición do Torneo Cidade do Lérez no campo de fútbol Manolo Barreiro en Pontevedra.En canto á fin de semana, o domingo 3 de maio despídense da competición o Fabril e o Juvenil A: os fabrilistas en Ávila (12:00) e os pupilos de Miguel Figueira en Nigrán (16:30).Completa a xornada dominical o Juvenil B - Victoria CF de Liga Nacional, ás 12:00 no Dépor Training Center.Antes, o sábado 2 de maio unicamente compite o Fabril FC Benjamín, que pecha a liga en Primeira Futgal A Coruña ás 16:00 en Vilaboa ante o Olímpico CF.Esta semana non xogan os cadetes nin os infantís; e ademais os alevíns deportivistas Samuel Cebey, Enzo Fernández, Mateo Songo'o e Yago Prieto están convocados pola selección galega sub-12 para disputar en Benidorm, do 1 ao 3 de maio, o campionato de España autonómico.Finalmente tamén na fin de semana dous equipos, o Fabril FC Alevín e o Benjamín A, representarán ao RC Deportivo na Madrid North Cup, torneo que se disputa en Tres Cantos e Colmenar Viejo.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Segunda Federación34ª xornada (última): REAL ÁVILA CF - FABRIL, o domingo 3 de maio ás 12:00 no Estadio Municipal Adolfo SuárezClasificación: 1. Fabril (xa campión), 69 puntos; 2. Oviedo Vetusta, 55 puntos... 6. Real Ávila CF, 50 puntos...Categoría juvenil30ª xornada (última): ED VAL MIÑOR NIGRÁN - JUVENIL A, o domingo 3 de maio ás 16:30 en CondomínguezClasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 75 puntos; 2. Juvenil A, 68 puntos; 3. Sporting de Gijón, 59 puntos... 11. ED Val Miñor Nigrán, 34 puntos...32º xornada: JUVENIL B - VICTORIA CF, o domingo 3 de maio ás 12:00 no Dépor Training CenterClasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 86 puntos; 2. Juvenil B, 75 puntos; 3. Ural Español CF, 62 puntos; 4. Victoria CF, 58 puntos...Categoría cadeteClasificación da División de Honra: 1. Cadete, 77 puntos; 2. RC Celta, 73 puntos; 3. San Tirso SD Cadete, 49 puntos; 4. Arosa SC, 44 puntos...Categoría infantilClasificación da División de Honra: 1. Infantil (xa campión), 79 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 66 puntos... 7. AJ Lérez, 41 puntos; 8. San Tirso SD Infantil, 40 puntos; 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 39 puntos...Categoría alevín11ª xornada: ALEVÍN - SRD PORTUARIOS, o xoves 30 de abril ás 19:15 no Dépor Training CenterClasificación do grupo norte do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11: 1. Alevín, 30 puntos; 2. CD Lugo, 27 puntos... 11. SRD Portuarios, 7 puntos...30ª xornada (última): ALEVÍN A 9 (Leo Lorenzo -4-, Diego Castelo -3-, Adrián Liñares e Alberto Novo) - SD ACEA DE AMA 030ª xornada (última): SPORTING CAMBRE - FABRIL FC ALEVÍN, o xoves 30 de abril ás 18:30 no campo Dani Mallo (Cambre)Clasificación da Primeira Futgal A Coruña: 1. Alevín A (xa campión, un partido máis), 85 puntos; 2. Victoria CF, 76 puntos; 3. Fabril FC Alevín, 75 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF, 70 puntos... 11. Sporting Cambre, 30 puntos...Madrid North Cup, en Colmenar Viejo (Madrid)Primeira FaseVenres 1 de maio12:40: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO DE MADRID (campo Alberto Ruiz 2)19:00: CDF TRES CANTOS - FABRIL FC ALEVÍN (campo Alberto Ruiz 3)Sábado 2 de maio10:40: IFF PRO - FABRIL FC ALEVÍN (campo Alberto Ruiz 2)En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Ouro, Fase Prata e Fase BronceCategoría benjamín30ª xornada (última): BENJAMÍN A 12 (Tomás Sánchez -5-, Mateo Ramos -2-, Hugo Cancela -2-, Pablo Campanero, Hugo Rey e Anxo Español) - SADA CF 030ª xornada (última): OLÍMPICO CF - FABRIL FC BENJAMÍN, o sábado 2 de maio ás 16:00 no complexo deportivo de VilaboaClasificación da Primeira Futgal A Coruña: 1. Benjamín A (xa campión, un partido máis), 90 puntos; 2. CD Calasanz, 74 puntos... 4. Ural Español CF, 67 puntos; 5. Fabril FC Benjamín e Atlético Coruña Montañeros CF, 60 puntos; 7. Victoria CF, 52 puntos; 8. Olímpico CF, 38 puntos...Madrid North Cup, en Tres Cantos (Madrid)Primeira FaseVenres 1 de maio19:20: BENJAMÍN A - UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES, en Foresta (campo 2)Sábado 2 de maio9:20: BENJAMÍN A - CD LEGANÉS, en Foresta (campo 1)11:20: CD GALAPAGAR - BENJAMÍN A, en Foresta (campo 3)En función da clasificación, os equipos pasarán á Fase Ouro, Fase Prata e Fase Bronce2ª edición do Torneo Cidade do Lérez, no campo Manolo Barreiro (Pontevedra)Xoves 1 de maioPrimeira Fase10:30: FABRIL FC BENJAMÍN - ED VAL MIÑOR12:30: FABRIL FC BENJAMÍN - ACD A SECA15:30: FABRIL FC BENJAMÍN - AJ LÉREZEn función da clasificación, os equipos pasarán á fase final


Espe Pizarro: "Podemos xogar con esa tranquilidade de que a c...

Adrià Altimira pide afrontar os últimos 5 partidos "cada un c...

Sesión táctica de Os Nosos centrados "no día a día", "no que ...

A RC Deportivo Fundación destina o brazalete solidario do mes...

O Dépor recibe ao FC Andorra o domingo 17 de maio ás 14:00 ho...

O RC Deportivo activa a prerreserva de entradas para a visita...