
DÉPOR · 11 XANEIRO 2026
VILLARES CRE QUE "TIVEMOS AS NOSAS OPCIÓNS PARA GAÑAR" E ARNAU RESALTA QUE "COMPETIMOS BASTANTE BEN"
Diego Villares e Arnau Comas pasáronse pola zona mixta do Estadio Gran Canaria.O capitán deportivista resalta que "tivemos as nosas opcións para gañar. Por momentos eles afunden moito ao equipo rival, somete moito con balón. Puidemos conseguir un empate pero tivemos as nosas opcións para levar os 3 puntos".Preguntado pola segunda parte, con menos ocasións de gol, advirte que "chega un momento en que as forzas fallan para todo o mundo. Ao final notouse un pouco iso".Villares non oculta que "levamos unha serie negativa de resultados. Temos un mes moi complicado, con saídas como esta ou como a da fin de semana que vén (en Almeria). Temos que saír adiante".
Pola súa banda, Arnau Comas cre que "competimos bastante ben. Tivemos as nosas ocasións para sumar os 3 puntos. E sobre todo competimos ben que se cadra era o que nos faltou nas últimas xornadas".O defensor deportivista lembra que a UD Las Palmas ten "orzamento e equipo case de Primera División, para estar arriba si ou si. É un rival directo que ten moi bos xogadores e un fútbol atractivo. Tivemos un par de ocasións moi claras que se podían dar".Finalmente queda con que "sempre que xogamos fóra, e sobre todo nun campo así, sempre é importante sumar. Quedo con este puntiño e esta competitividade que sacamos".

O Dépor, "cunha afección incrible, entregada, cun ambiente br...

Resultados deste sábado 16 de maio en ANOSACANTEIRA feminina,...

Resultados deste sábado 16 en ANOSACANTEIRA, con título galeg...

ABANCA-RIAZOR homenaxea este domingo 17 a Cris Martínez, que ...

O Dépor recibe este domingo 17 de maio ás 14:00 en ABANCA-RIA...

O Dépor ABANCA goza dun fin de semana de descanso antes da re...