
DÉPOR · 2 XUÑO 2025
YEREMAY HERNÁNDEZ E AINHOA MARÍN, XOGADORES ESTRELLA DA TEMPORADA 2024-25
Yeremay Hernández Cubas (10 de decembro de 2002, Las Palmas) e Ainhoa Marín Martín (Badalona, Barcelona, 21 de marzo de 2001) recolleron no Estadio ABANCA-RIAZOR o premio ao Xogador Estrella da temporada 2024-25.O atacante canario recibiu 3 galardóns do mes ao longo desta campaña: setembro, outubro e abril.

Pola súa banda, Ainhoa Marín gañou en decembro e xaneiro; do mesmo xeito que Olaya Enrique, que levou o premio en febreiro e marzo.Para desfacer o empate, os afeccionados deportivistas votaron nas redes sociais do Club. Ainhoa levou o 61% dos votos por 39% Olaya."É un premio bonito porque di como estiven durante toda a temporada. Estou moi contento. Quero agradecer a Estrella Galicia tamén polo premio. É o meu primeiro premio Estrella da temporada e estou moi feliz", declarou Yeremay Hernández.Pola súa banda, Ainhoa Marín afirmou "estar moi agradecida a Estrella Galicia por permitirnos ter este tipo de premios durante a temporada. E que acabe así para min é un orgullo".


Marisa García e Ainoa Gómez xóganse este mércores 23 ante Ita...

O RCD Espanyol, no horizonte dunha nova semana de competición...

A Fundación do RC Deportivo colabora coa Carrera de la Mujer ...

Primeira semana de parón ligueiro para Os Nosos, con "marxe d...

O Dépor xogará no Estadio Metropolitano ante o Atlético de Ma...

Os abonados e abonadas xa poden retirar a súa invitación obri...