RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Adestramento de alto ritmo para Os Nosos con "moitas cousas positivas no día a día"

O Dépor imprimiu esta mañá no campo 3 do Dépor Training Center unha marcha máis, nunha xornada de alto ritmo.

Jose Ángel, elixido ademais como un dos capitáns, subliñou na súa comparecencia de prensa que "ven moitas cousas positivas no día a día".

O mediocentro andaluz, que cumpriu 10 anos no fútbol profesional, asegura estar "moi contento coa forma de traballar que ten o míster e o corpo técnico; e coa forma na que nós estamos a traballar diariamente".

O futbolista branquiazul, após volver aos terreos de xogo superada a súa lesión, apunta que "se subiu un punto de intensidade, de autoesixencia que faltaba. Iso de momento está a servir, está a dar resultados. A única motivación para seguir traballando así é que estamos a ver que o traballo está a ver os seus froitos".

O corpo técnico dispuxo unha activación con rondos, un xogo de posición e fútbol reducido, de alta intensidade.

Con David Mella nos cuartos de final do Mundial sub-20 de Chile, Daniel Bachmann está con repouso deportivo e Ximo Navarro, pendente do dianóstico médico das molestias sufridas o pasado sábado no partido en ABANCA-RIAZOR ante a UD Almería.

Jose Ángel cre que a lesión do lateral granadino "é un golpe duro porque é un xogador importantísimo".

Samu, Damián Canedo, Noé, Quique Teijo, Brais Suárez e Hugo Ríos foron os representantes de ANOSACANTEIRA.

Este xoves, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no campo 2 e 3 do Dépor Training Center noutra xornada de preparación do encontro deste domingo 12 de outubro ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas).