RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Antonio Hidalgo cre que o cadro é "excepcional" e admite que "agora é a miña responsabilidade sacar o máximo rendemento"

DÉPOR · 1 SETEMBRO 2025

ANTONIO HIDALGO CRE QUE O CADRO É "EXCEPCIONAL" E ADMITE QUE "AGORA É A MIÑA RESPONSABILIDADE SACAR O MÁXIMO RENDEMENTO"

Antonio Hidalgo subliñou na sala de prensa de Butarque estar "moi contento co cadro que teño. Teño un cadro excepcional".Advirte que "agora é a miña responsabilidade sacar o máximo rendemento. É un reto persoal poder traballar con xente de tanto talento, sacarlle ese rendemento".O adestrador deportivista cre que "se somos capaces de xuntar ese talento e esa competitividade que sempre quero darlle aos equipos imos ter moito éxito. Hai que competir cada día. Gustaríame sumar de 3 cada semana. Isto está moi igualado e o punto desta noite sábenos moi ben".Nesta liña mostrouse "contento polo traballo" dos seus xogadores en Butarque ante o CD Leganés: "Isto vai de competir, de sumar cada semana", lembra.Finalmente Antonio Hidalgo subliñou que con 1-0 "o equipo fixo o suficiente coa idea que tiñamos para empatar. Con demasiado pouco encaixamos 2 goles. Iso son cousas que temos que mellorar. A formulación de inicio levounos a ter ocasións clarísimas. Isto vai de meter goles. A partir de aí ese último cuarto de hora da primeira metade non estivemos nada ben. Na segunda parte tentamos darlle a volta, conseguímolo. Tentamos diferentes estruturas", explicou.