RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo mostrouse "contento por ANOSAFORZA porque a vin gozar"

Após o triunfo ante o Sporting de Gijón, Antonio Hidalgo mostrouse na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR "contento polo traballo, polos rapaces, pola xente que nos axudou desde o banco, por #ANOSAFORZA porque a vin gozar. Gocei moitísimo".

O técnico deportivista insiste en que "temos moita marxe de mellora. Hai que seguir empuxando, hai que seguir traballando pero ves a xente con moitísimo talento traballar cada día. No campo dano todo e estou contento polos rapaces".

Finalmente opina que "vin aquí de rival e cando ABANCA-RIAZOR empuxa parece que pasan moitas máis cousas das que realmente pasan. Se cadra o rival ten unha sensación de moito máis abafo do que está a pasar. ABANCA-RIAZOR cando te empuxa e séntelo é buenísimo. Por iso animo a todo o mundo a estar nese camiño".

Subliña Antonio Hidalgo que "é importante que en casa nos fagamos fortes. Os tipos de partidos que nos van a expor van ser do tipo do Burgos CF e do Sporting, un gran equipo que nos puxo en moitísimas dificultades. Tivo esa ocasión ao pau que puido dar outra situación pero estou contento por esa calma. Hai veces que o estadio che pode acelerar e tivemos esa calma".