RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo pide "seguir indo con todo" ante un partido "moi igualado, con moitísimos detalles"

Antonio Hidalgo insiste en non mirar ao calendario deste mes de outubro, con rivais tamén como o Real Valladolid, Real Racing Club ou Málaga CF, e ir "semana a semana. Non ten moito sentido pensar moito máis alá do que vén mañá", en referencia á UD Almería, rival ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion, Canal Sur, TVG, GOL, TEN e dispoñible en DIGI TV e outras plataformas) en ABANCA-RIAZOR en choque correspondente á 8ª xornada en LaLiga Hypermotion.

 

Precisamente advirte que "nos vén un gran equipo, cun gran adestrador, que foi evolucionando co tempo. Son un equipo moito máis solidario sen a pelota que o ano pasado. Iso failles máis perigosos. Aos poucos van atopándose moito mellor que ao principio, especialmente en canto a resultados".

Así pois, o técnico deportivista espera un partido "moi igualado, con moitísimos detalles, que haberá que ir solucionando sobre a marcha".

Por conseguinte, pide "seguir sufrindo, seguir indo ao límite, indo con todo. Temos que estar moi axustados porque teñen moitísimo talento especialmente na parte de arriba. En calquera momento, calquera xogador pódeche facer dano e nós, á vez, facerlles dano".

Pasados uns días do encontro en Ipurúa, Antonio Hidalgo sostén que "fixemos un moi bo partido até o minuto 60. Tivemos 2 ou 3 situacións para pechar o partido. E non só falo da situación de Yere senón en transicións que podiamos estar algo máis axustados. Ao final puidemos mellorar en canto a posicionamento nos últimos minutos especialmente. E situacións que temos que mellorar".

Despois de 7 partidos en liga, o preparador branquiazul apunta que "o equipo vai evolucionando, os xogadores van evolucionando, imos vendo diferentes posicións nas que os xogadores nos poden axudar máis. Nesas relacións que hai que ter nun equipo temos que ir vendo como nos interesa máis. É día a día, partido a partido, ir mellorando os días que non estás tan ben e os que estás ben reforzar esa situación. Isto é moi longo. Son 42 xornadas, só van 7 e hai que seguir empuxando".

Finalmente, Antonio Hidalgo insiste en "competir cada día en casa e fóra. ANOSAFORZA o que quere é que nos deixemos a vida polas cores, polo escudo, que vaiamos con todo, con convicción. Hai un plan sempre detrás de todo. A xente quere ver esa paixón do equipo. Iso ímolo a transmitir".