RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Antonio Hidalgo xa traballa o plan de partido para recibir este venres 19 en ABANCA-RIAZOR á SD Huesca

Nunha semana curta posto que a SD Huesca visita ABANCA-RIAZOR este venres 19 de setembro ás 20:30 (TEN, GOL, TVG e LaLiga TV Hypermotion, dispoñible en DIGI TV e outras plataformas), sen tempo que perder Antonio Hidalgo comezou a esbozar o plan de partido cun exercicio táctico no campo 2.

A xornada arrincou cunha activación con rondos no campo 3.

Jose Ángel fai tarefas co grupo mentres que Jose Gragera está con adestramento personalizado.

Os fabrilistas Samu, Kike Fernández e Damián Canedo foron esta asollada mañá os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Este mércores, Os Nosos están citados para almorzar na instalación e saltar ao céspede a partir das 10:30 horas.