RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

As Nosas volven ao traballo este luns 20 de outubro ás 10:30 no Dépor Training Center

Finalizado o encontro en ABANCA-RIAZOR ante o Atlético de Madrid, cuxo resumo podes ver ao pé desta noticia, As Nosas adestraranse de novo este luns 20 de outubro a partir das 10:30 no campo 6 do Dépor Training Center.

A próxima semana non haberá competición en Liga F debido aos compromisos das seleccións nacionais.

Así pois, o seguinte partido fixado do Dépor ABANCA será o 1 de novembro ás 16:00 (Dazn) en Ipurúa ante a SD Eibar, en choque correspondente á 9ª xornada.