RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Bélxica conta con Lucas Noubi para dous partidos clasificatorios para o Europeo sub-21

Lucas Dominique Noubi Ngnokam (Mouscron, Bélxica, 15 de xaneiro de 2005), coñecido futbolísticamente como Lucas Noubi, foi convocado pola selección belga sub-21 para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.

O central deportivista incorporarase este luns 6 de outubro á concentración de Bélxica en Bruxelas.

Os dous rivais nestas datas serán Gales e Dinamarca.

O calendario de partidos de Lucas Noubi é o seguinte:

Venres 10 de outubro
18:00 (hora local, 19:00 hora galega): GALES - BÉLXICA, no Estadio Rodney Parade en Newport

Martes 14 de outubro
20:00: BÉLXICA - DINAMARCA, en het Kuipje en Westerlo (Bélxica)

Até a data, o equipo belga suma 1 punto no seu único partido disputado no grupo I, que lideran Dinamarca e Austria con 3.

Lucas Noubi participou en 2 partidos no que vai de Liga Hypermotion. Por esta citación de Bélxica Sub-21, o defensor branquiazul será baixa segura na visita do Dépor ao Málaga CF prevista para o domingo 12 de outubro ás 21:00 horas.