RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Charlie Patiño: "Todos os xogadores somos necesarios no equipo, todos somos importantes"

Charlie Patiño pasouse pola sala de prensa de Abegondo.

O mediocentro deportivista afirma que se está atopando "moi ben. Estou moi contento. O míster é moi bo, estou contento con el. Empezamos a temporada moi ben pero necesitamos traballar para lograr máis".

Asegura que a súa relación con Antonio Hidalgo é "boa. Todos os xogadores somos necesarios no equipo, todos somos importantes".

Explica que lle gusta xogar de 8, "que podo correr máis adiante e dar asistencias, meter goles" pero tamén de 6 porque "me gusta coller a pelota, pases entre liñas..."

Patiño advirte que a única intención do Dépor en Vitoria é a de conseguir os 3 puntos e destacou ante o Sporting de Gijón o ambiente de ABANCA-RIAZOR: "Apóiannos, empúxannos moi ben. Co gol nos últimos minutos estamos todos contentos e seguimos para máis".

Confesa que durante este pasado verán en Inglaterra pensou "na temporada pasada. Traballei moito física e mentalmente; e volvín máis forte e mellor. Quería estar preparado para esta nova temporada. Cando cheguei ao Dépor sempre dixen que quería xogar para #ANOSAFORZA, para os seguidores. Agora estou preparado".

Finalmente o centrocampista branquiazul recalca que a temporada pasada "moitos xogadores axudáronme no ximnasio, no campo... Doulle as grazas a todos. Sinto mellor, máis forte. E vou continuar así".