RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Confirmación de asistencia nos oitavos de final da Copa del Rey para encher ABANCA-RIAZOR

Con motivo da participación do RC Deportivo nos oitavos de final da Copa del Rey ante o Atlético de Madrid, o Club pon en marcha un proceso de confirmación de asistencia para as persoas abonadas que desexen asistir ao encontro, co obxectivo de encher ABANCA-RIAZOR e permitir que o maior número posible de deportivistas poida gozar dunha cita tan especial. Esta iniciativa busca facilitar a máxima asistencia ao estadio beneficiando ao deportivismo no seu conxunto.

En que consiste a confirmación de asistencia?

As persoas abonadas que teñan intención de acudir ao partido deberán confirmar a súa asistencia antes do venres 9 de xaneiro ás 17:00h. En caso de non realizar a confirmación dentro do prazo establecido, o asento quedará liberado para que outro/a deportivista poida ocupalo. Este proceso é totalmente gratuíto e garante que, unha vez confirmada a asistencia dentro de prazo, o abonado ou abonada mantén o acceso para o citado partido mediante o seu abono e no seu asento habitual.

Prazos e formas de confirmación

A confirmación poderá realizarse até o venres ás 17:00 horas, a través das seguintes vías:

  • Formulario web de confirmación de asistencia: reservas.rcdeportivo.es 

  • Presencialmente na Oficina de Atención ao Deportivismo, de luns a xoves de 9:15 a 13:30 h e de 15:00 a 18:00 h e venres de 9:15 a 14:00 h.

Que ocorre se non confirmas o teu asento?

En caso de non confirmar a túa asistencia dentro do prazo indicado previamente, o asento quedará liberado e aplicaranse as condicións habituais de liberación de asento. A persoa abonada poderá recuperar o seu asento a través da web rcdeportivo.es/liberacion, a App oficial do RC Deportivo ou presencialmente acudindo á Oficina de Atención ao Deportivismo (OAD), sempre que non se vendeu até 24 horas antes do inicio do partido en termos xerais, reservándose o Club a posibilidade de modificar este prazo. Se o asento é vendido, a persoa abonada percibirá o 50% do importe da venda, que se sumará ao saldo acumulado na súa conta virtual de liberación de asento ou no seu MoeDÉiro se o ten dado de alta.  

Abonos exentos de confirmación

Están exentos de realizar este proceso as persoas con abono de maiores de 65 anos e Socios de Ouro. 

Ante calquera dúbida ou aclaración relacionada con este proceso de confirmación de asistencia podes dirixirte a atencion.deportivista@rcdeportivo.es .