RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dani Barcia cre que "a efectividade a tiveron eles" e Escudero fala de "partido malo onde non metiches as que tiveches"

Dani Barcia e Escudero pasáronse pola zona mixta de La Rosaleda.

O central coruñés apunta que "aínda temos máis de 30 xornadas por diante. Temos que ir o seguinte domingo a por os 3 puntos, esquecernos disto canto antes e seguir adiante".

Preguntado polas baixas, pensa que "temos un gran equipo e xogue quen xogue imos dar o máximo. Hoxe faltounos efectividade pero dá igual quen xogue. Somos todos bos en cada posición".

Achaca a derrota a "empezar con mal pé, cos duelos que fallamos. Temos que seguir".

Finalmente Dani Barcia lembra que "tivemos 3 moi claras na primeira parte pero é fútbol. A efectividade tivérona eles. Hoxe non a trouxemos. Temos que seguir para mellorar iso e outros aspectos máis; e a pensar no seguinte".

Pola súa banda, Sergio Escudero advirte que "era moi difícil o que estabamos a facer. Nalgún momento tiña que chegar a derrota. E máis é dolorosa porque foi como foi. Tivemos moitas ocasións para marcar, non o fixemos. E eles as que chegaron marcáronas. Aí é onde cambia todo o partido".

Sobre as ausencias e as súas substitucións, comentou que "temos un cadro o suficientemente amplo para que cada compañeiro xogue onde lle toque. Confianza plena en toda a xente e durante todos estes partidos xogue quen xogue foi ben. Hoxe non se pode criticar a ningún porque se perdeu".

Resumiu o choque como "un partido malo onde non metiches as que tiveches. Eles si. E a seguir traballando que isto é moi longo. É a xornada 8 ou 9".