RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella e España sub-20 derrotan a Brasil e quedan á espera do seu pase a oitavos de final

-Foto:@rfef.es

 

David Mella e a selección española sub-20 derrotaron este sábado 4 de outubro a Brasil por 1-0 no último partido da fase de grupos do Mundial de Chile.

O canteirán deportivista arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 77 en substitución de Jan Virgili.

Ao minuto de saltar ao céspede, o futbolista do Dépor tivo a sentenza nas súas botas ao marcharse por velocidade da defensa brasileira e encarar ao porteiro Otavio. O meta de Brasil fixo unha portentosa parada para evitar o tanto de Mella, que sería xa definitivo.

No outro partido do grupo, México venceu por 1-0 a Marrocos.

Así pois, Marrocos (6 puntos) e México (5 puntos) acceden a oitavos de forma directa e España, con 4 puntos, terá que esperar ao desenlace dos outros grupos para saber se pasa como un dos mellores terceiros.

Nos dous partidos anteriores de España na fase de grupos participou David Mella.

O canteirán foi titular ante Marrocos e saltou ao céspede no minuto 73 fronte a México.

Os resultados de David Mella nesta Primera Fase foron os seguintes:

Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
ESPAÑA 2 - MÉXICO 2

Sábado 4 de outubro
ESPAÑA 1 - BRASIL 0

No que vai de liga, David Mella xogou co Dépor en LaLiga Hypermotion 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.