RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella enfróntase este martes 7 de outubro a Ucraína en oitavos de final do Mundial sub-20

David Mella e a selección española sub-20 mídense este martes 7 de outubro a Ucraína nos oitavos de final do Campionato do Mundo de Chile.

O encontro disputarase ás 21:30 (hora galega) no no Estadio Elías Figueroa Brander de Valparaíso e poderase seguir en Teledeporte e RTVE Play.

Nunca se enfrontaron ambas as seleccións nesta categoría.

Os ucraínos, neste torneo, acabaron como líderes do grupo B ao derrotar a Corea do Sur e Paraguai, e empatar ante Panamá.

España certificou o seu pase a esta fase final ao vencer o pasado sábado 4 de outubro a Brasil por 1-0 no último partido da fase de grupos.

David Mella arrincou o choque no banco e saltou ao céspede no minuto 77 en substitución de Jan Virgili.

Ao minuto de saltar ao céspede, o futbolista do Dépor tivo a sentenza nas súas botas ao marcharse por velocidade da defensa brasileira e encarar ao porteiro Otavio. O meta de Brasil fixo unha portentosa parada para evitar o tanto de Mella, que sería xa definitivo.

Nos dous partidos anteriores tamén participou o futbolista do Dépor.

O canteirán foi titular ante Marrocos e saltou ao céspede no minuto 73 fronte a México.

O calendario de David Mella, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primera Fase
Domingo 28 de setembro
MARROCOS 2 - ESPAÑA 0

Mércores 1 de outubro
ESPAÑA 2 - MÉXICO 2

Sábado 4 de outubro
ESPAÑA 1 - BRASIL 0

Oitavos de final
Martes 7 de outubro
21:30 (hora galega): ESPAÑA - UCRAÍNA, no Estadio Elías Figueroa Brander de Valparaíso

No que vai de liga, David Mella xogou co Dépor en LaLiga Hypermotion 5 partidos, 3 deles como titular, e marcou 2 goles.