RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

David Mella, que asegura volver "moi ben fisicamente", únese ao Dépor após o seu paso polo Mundial sub-20

David Mella incorporouse esta mañá aos adestramentos do Dépor nos campos 2 e 3 do Dépor Training Center. "Volvo moi ben fisicamente. Xa adestrei ao 100% co equipo e estou moi contento de estar aquí", apunta.

O canteirán regresou o pasado luns pola noite de Chile onde estivo concentrado coa selección española sub-20 con motivo do Campionato do Mundo da categoría.

"Foi un aburrimento de viaxe porque son moitas horas de avión e de autobús ademais", confesou ante os medios de comunicación David Mella.

O atacante deportivista participou nos 5 partidos xogados por España na cita mundialista e foi titular no primeiro, ante Marrocos.

Este mediodía chegou á Coruña Lucas Noubi procedente da selección de Bélxica Sub-21 e ponse este xoves ás ordes de Antonio Hidalgo.

Están fóra do grupo por lesión Ximo Navarro e Daniel Bachmann.

Samu, Noé, Quique Teijo, Damián Canedo e Hugo Ríos foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

O corpo técnico dispuxo unha activación con rondos no campo 3, un exercicio táctico no 2 e fútbol reducido para concluír no que non participaron Mella, Quagliata e Stoichkov tal e como estaba previsto.

Este xoves, Os Nosos continuarán ás 10:30 coa preparación do encontro en El Sardinero ante o Real Racing Club previsto para o domingo 12 de outubro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas).