RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Definidos os horarios dos dous últimos partidos ligueros do ano 2025 para o Dépor ABANCA ante Granada CF e Real Sociedad

Liga F fixo públicos os horarios dos dous últimos partidos ligueros do ano 2025 para o Dépor ABANCA, correspondentes ás xornadas 13ª e 14ª.

Así, o sábado 6 de decembro, As Nosas reciben en ABANCA-RIAZOR ao Granada CF a partir das 12:00 (Dazn).

Á semana seguinte, concretamente o domingo 14 de decembro, tamén ás 12:00, o conxunto de Fran Alonso visitará á Real Sociedad en Zubieta. Este choque será retransmitido en directo por Dazn, GOL, TEN, EITB e TVG.

Para pechar o ano, deportivistas e realistas mediranse o 19, 20 ou 21 de decembro nos oitavos de final da Copa de la Reina, neste caso en ABANCA-RIAZOR.

Así pois os horarios xa confirmados do Dépor ABANCA neste ano 2025 en Liga F son os seguintes:

12ª xornada
Sábado 22 de novembro, 12:00, Estadio Jesús Navas: Sevilla FC - Deportivo ABANCA

13ª xornada
Sábado 6 de decembro, 12:00, ABANCA-RIAZOR: Deportivo - Granada CF

14ª xornada
Domingo 14 de decembro, 12:00, Zubieta: Real Sociedad - Deportivo