RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Diego Villares: "Imos pasar momentos peores dos que estamos a vivir pero todos xuntos isto vai ser moi bonito"

Diego Villares foi o protagonista este mércores na sala de prensa de Abegondo.

Fala de "normalidade absoluta" á hora de referirse ao liderado de LaLiga Hypermotion: "Levamos moi pouquiño de liga. É anecdótico aínda que esperemos que a final de temporada tamén poida ser así". "A todos gústanos a alegría pero temos que ser realistas, saber que estamos na xornada 6ª. É bonito gañar 1-5 e logo 4-0 pero van vir partidos moi duros. Agora temos por diante un calendario complicado. Hai que amoldarse e saber que imos pasar momentos peores dos que estamos a vivir pero todos xuntos isto vai ser moi bonito", engade.

Si apunta que as sensacións do equipo "é o mellor. "Nestes últimos partidos, máis aló dos resultados, as sensacións do equipo son moi boas. O que sentimos os xogadores no campo é co que nos temos que quedar", opina.

O capitán deportivista subliña ademais que nos partidos "pode xogar o que sexa porque o que xogue vai dar o máximo, o nivel sobradamente. Iso é parte da base do que traballamos día a día cada semana".

Cre que empezar ben a competición ten "bastante importancia porque sempre vas gañando esa confianza e ese xogo que estamos a mostrar. Vaiche reforzando semana após semana e iso axuda".

A Villares gústalle ser "un equipo moi difícil. Para os rivais ten que ser fodido xogar contra nós. E iso é o que queremos ser. A todos gústanos ter o balón o máximo tempo posible pero cando non o teñamos ser un equipo difícil de bater e de facernos dano".

A nivel individual afirma estar "a traballar día a día para que vaia o mellor posible como o resto dos meus compañeiros".

Con contrato até 2027, o futbolista de Vilalba sostén que "coa relación que temos, polo menos pola miña banda, co a gusto que estou aquí, non haberá ningún problema".

Despois de 172 partidos coa camiseta do Dépor, destaca "a madurez que vas adquirindo temporada após temporada. Pasou un pouco de todo, vivín un pouco de todo. E iso vaiche facendo madurar tanto como futbolista e como persoa".

Finalmente do partido ante a SD Eibar deste sábado 27 de setembro ás 18:30 (Liga TV Hypermotion e Fútbol 2, dispoñible tamén en DIGI TV e outras plataformas) en Ipurúa é consciente Villares que "vai ser un partido moi complicado. Vímolo o ano pasado que a pesar da vitoria eles no seu campo apertan moito. É un equipo que vai alto, a tentar roubarche, afógache na saída de balón".