RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Elena e Redru adéstranse en Alfaz del Pi coa selección española sub-19

Elena Vázquez e Paula Redruello 'Redru' xa están concentradas coa selección española sub-19 para uns adestramentos que teñen lugar na localidade alacantina de Alfaz del Pi até este mércores 8 de outubro.

A primeira delas, a pesar da súa mocidade, xa é futbolista do primeiro equipo para todos os efectos mentres que Redru foi unha das sensacións da pretemporada ao ser habitual nos amigables do Dépor ABANCA.

Até a data, Elena Vázquez, con contrato no Club até xuño de 2028, participou en 5 partidos en Liga F, 4 deles como titular.

Pola súa banda, Redru tivo minutos en 4 partidos co Dépor ABANCA, 1 deles como titular. Esta pasada fin de semana xogou co filial de Segunda Federación e foi o autor do único tanto do seu equipo ante a Real Sociedad B.