RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Elena Vázquez e 'Redru' volven á selección española sub-19 este mes de outubro para disputar dous amigables ante Francia

Elena Vázquez Brandón (Carballo, A Coruña, 8 de outubro de 2007) e Paula Redruello Fernández (21 de xaneiro de 2007, Oviedo) 'Redru' regresan de novo á selección española sub-19.

Se a pasada semana participaron nuns adestramentos en Alfaz del Pi (Alacante), este próximo luns 20 de outubro incorpóranse a este combinado nacional para xogar dous amigables ante Francia, con este calendario:

Sábado 25 de outubro
11:00: ESPAÑA - FRANCIA, no complexo Albin Garden Sports

Martes 28 de outubro
11:00: ESPAÑA - FRANCIA no Estadio Olímpico Camilo Cano en La Nucía

Finalizado este encontro, Elena e Redru regresarán á Coruña.

A primeira delas, a pesar da súa mocidade, xa é futbolista do primeiro equipo para todos os efectos mentres que Redru foi unha das sensacións da pretemporada.

Até a data, Elena participou en 5 partidos en Liga F, 4 deles como titular.

Pola súa banda, Redru tivo minutos en 4 partidos co Dépor ABANCA, 1 deles como titular.